In memoriam. O fracaso do Estado fronte á violencia machista

Andrea Yturry Alave, de 25 anos, foi a primeira muller asasinada pola súa ex-parella en Galicia neste ano 2024. O seu asasino, Jhul Príncipe Casahuaman, empregou un coitelo de cociña que cravou no abdome e no pescozo da vítima. As feridas provocaron o seu falecemento en poucos minutos. Aconteceu na súa  vivenda de Palmeira (A Coruña) o 19 de marzo. Tiñan en común un fillo de dous anos e non constaban denuncias previas.

A Andrea seguiulle María del Carmen de Vigo (Pontevedra). Foi asasinada na mañá do 3 de abril. A vítima foi acoitelada no pescozo polo seu irmán, que ao parecer padecía esquizofrenia e sufría un brote psicótico. Era María del Carmen quen coidaba a diario do seu irmán a falta de que o servizos de saúde se preoupasen pola súa atención. Non existían denuncias previas.

O 2 de agosto, Mercedes Ríos Muñíz, de 74 anos, era asasinada polo seu home, de 76. Os feitos aconteceron na madrugada do xoves ao venres no bario de Labañou (A Coruña). El mesmo informou á policía de que atopara a súa esposa falecida. Segundo o detido, durante a noite escoitou ruídos no cuarto contiguo onde durmía a súa muller e atopouna no chan, polo que a cubriu cunha manta sen movela e volveu para o seu propio cuarto. Ao parecer, aínda que vivían xuntos, na realidade estaban separados e durmían en cuartos contiguos. Non consta que existisen denuncias previas.

A última muller asasinada foi Estela Blach Silva, de 36 anos, en Belesar (Baiona, Pontevedra). Foi atopada na madrugada do 8 de novembro de 2024 ás portas da vivenda de Humberto González Rodríguez, “o grilo”, que contaba cunha orde de afastamento da vítima por violencia machista dende había máis de seis meses. Os forenses identificaron golpes contundentes na cabeza que lle causaron o falecemento. Estela tentou defenderse, segundo desvelan as marcas atopadas no seu corpo. Os episodios de maltrato sufridos por Estela eran coñecidos polo círculo máis achegado. A súa propia familia denunciara agresións e loitaba por afastala da relación. Os seus achegados sufrían profundamente pola presunta situación de dependencia na que estaba envolta. Deixa orfa unha nena de curta idade.

Se ben é certo que só no caso de Estela constaban denuncias previas, tamén é certo que en todos existían indicios que facían previsibles os seus asasinatos.

Catro mulleres asasinadas. Mais sabemos que hai máis mulleres que están mortas en vida, ameazadas de morte, elas e as súas crianzas, que non reciben a axuda necesaria para sentirse protexidas.

Os minutos de silencio nas institucións non serven, son tiritas nun fenda que brota sangue coma un leito desbordado. Temos que facer lecturas do problema dende unha perspectiva feminista.

As mulleres piden axuda como poden: van ao médico, con golpes, depresión, ataques de ansiedade…, pero míranas como números.

Van á xustiza, que é tan cega que non ve que cando hai maltrato dun home sobre unha muller, non pode haber unha custodia das crianzas digna e sen violencia. Pero os “dereitos” dos pais parecen estar por riba desa violencia diaria e das necesidades das crianzas.

Van á policía e saen coa ladaíña: “muller, non esaxeres, estaba borracho”. Non son cridas. Cada día, nas comisarías e xulgados de Galicia, mulleres que denuncian violencia machista ven violentados os seus dereitos á defensa, á protección das súas fillas e fillos ou á protección fronte aos seus agresores.

Van aos CIM, saturados e faltos de recursos, e alí máis do mesmo: burocracia e moi poucas axudas reais.

Con que recursos contan as mulleres galegas diante da violencia machista? Que están a facer as institucións da Xunta e do Estado para mudar o rumbo destas violencias? Existe unha lei galega e unha estatal contra a violencia machista galega que, na práctica, quedan en papel mollado ante a falta de dotación de recursos: os CIM privatízanse; o goberno do Partido Popular elimina a Secretaría Xeral da Muller; non se fai seguimento dos casos ou das mulleres que mostran síntomas de estaren vivindo nun contexto de violencia machista.

A violencia contra as mulleres é un problema social que nos atinxe a todas e a todos. Como sociedade, non podemos seguir mirando para outro lado, non podemos deixar as vítimas soas. Non podemos seguir asistindo aos asasinatos de mulleres como algo que pertence á rutina informativa ou ao espectáculo mediático. Temos o deber de esixir ás institucións que cumpran a súa obriga non só de protexer as mulleres e crianzas que están en situación de violencia, senón tamén de proporcionarlles os medios que precisen para reconstruíren as súas vidas con dignidade e sen medo.

Pero debemos tamén esixir de todas as administracións públicas que poñan en marcha todas as ferramentas necesarias nos ámbitos da educación, a cultura, o ensino, a sanidade, a xustiza, as institucións políticas, os medios de comunicación… para, con perspectiva feminista, abordar a cuestión da violencia, nas súas múltiples manifestacións, desde a mesma raíz: un patriarcado que nos quere submisas.

Este 25 de novembro saiamos de novo ás rúas para berrar, mais unha vez, que nos queremos, todas, vivas e libres.


Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Usamos cookies para personalizar contido, ofrecer funcións de redes sociais e analizar o noso tráfico. Non compartimos información sobre o seu uso do noso sitio. View more
Cookies settings
Accept
Decline
Privacy & Cookie policy
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Quen somos

Somos unha asociación de mulleres feministas unidas para estender o pensamento e a acción feminista na sociedade, promovendo e apoiando aquelas iniciativas políticas dirixidas a acadar unha sociedade máis xusta e libre de violencias machistas.

Comentarios

Cando as e os visitantes deixan comentarios na web, recompilamos os datos que se mostran no formulario de comentarios, así como a dirección IP do visitante e a cadea de axentes de usuario do navegador para axudar á detección de spam.

Unha cadea anónima creada a partir da túa dirección de correo electrónico (tamén chamada hash) pode ser proporcionada ao servizo de Gravatar para ver se a estás usando. A política de privacidade do servizo Gravatar está dispoñible aquí: https://automattic.com/privacy/. Despois da aprobación do teu comentario, a imaxe do teu perfil é visible para o público no contexto do seu comentario.

Multimedia

Se es unha persoa rexistrada e cargas imaxes á web, debes evitar cargar imaxes con datos de localización GPS EXIF incluídos. Os visitantes da web poden descargar e extraer calquera dato de localización das imaxes da web.

Cookies

Se deixas un comentario no noso sitio podes elixir gardar o teu nome, dirección de correo electrónico e web en cookies. Isto é para a túa comodidade, para que non teñas que volver encher os teus datos cando deixes outro comentario. Estas cookies terán unha duración dun ano.

Se tes unha conta e conéctaste a este sitio, instalaremos unha cookie temporal para determinar se o teu navegador acepta cookies. Esta cookie non contén datos persoais e elimínase ao pechar o navegador.

Cando inicias sesión, tamén instalaremos varias cookies para gardar a túa información de inicio de sesión e as túas opcións de visualización de pantalla. As cookies de inicio de sesión duran dous días, e as cookies de opcións de pantalla duran un ano. Se seleccionas "Lembrarme", o teu inicio de sesión perdurará durante dúas semanas. Se saes da túa conta, as cookies de inicio de sesión eliminaranse.

Se editas ou publicas un artigo, gardarase unha cookie adicional no teu navegador. Esta cookie non inclúe datos persoais e simplemente indica o ID do artigo que acabas de editar. Expira despois de 1 día.

Contido incrustado doutros sitios web

Os artigos deste sitio poden incluír contido incrustado (por exemplo, vídeos, imaxes, artigos, etc.). O contido incrustado doutras web compórtase exactamente da mesma maneira que se o visitante visitase a outra web.

Estas web poden recompilar datos sobre ti, utilizar cookies, incrustar un seguimento adicional de terceiros, e supervisar a túa interacción con ese contido incrustado, incluído o seguimento da súa interacción co contido incrustado se tes unha conta e estás conectado a esa web.

Con quen compartimos os teus datos

Se solicita un restablecemento de contrasinal, a súa dirección IP incluirase no correo electrónico de restablecemento.

Canto tempo conservamos os teus datos

Se deixas un comentario, o comentario e os seus metadatos consérvanse indefinidamente. Isto é para que podamos recoñecer e aprobar comentarios sucesivos automaticamente en lugar de mantelos nunha cola de moderación

Dos usuarios que se rexistran na nosa web (se os hai), tamén almacenamos a información persoal que proporcionan no seu perfil de usuario. Todos os usuarios poden ver, editar ou eliminar a súa información persoal en calquera momento (agás que non poden cambiar o seu nome de usuario). Os administradores da web tamén poden ver e editar esa información.

Que dereitos tes sobre os teus datos

Se tes unha conta ou deixaches comentarios nesta web, podes solicitar recibir un arquivo de exportación dos datos persoais que temos sobre ti, incluíndo calquera dato que nos proporcionaras. Tamén podes solicitar que eliminemos calquera dato persoal que teñamos sobre ti. Isto non inclúe ningún dato que esteamos obrigados a conservar con fins administrativos, legais ou de seguridade.

Onde se envían os teus datos

Os comentarios dos visitantes poida que os revise un servizo de detección automática de spam.

Save settings
Cookies settings