Voces que non se poden silenciar. A resistencia das mulleres iranianas
Faladoiro a cargo de Mina Shayan.
Casa Galega da Cultura. Praza da Princesa 2. Vigo. (ver mapa)
Xoves 30 de abril de 2026 ás19:00h
mulleres, feministas, abolicionistas, galegas
Faladoiro a cargo de Mina Shayan.
Casa Galega da Cultura. Praza da Princesa 2. Vigo. (ver mapa)
Xoves 30 de abril de 2026 ás19:00h
En marzo conmemoramos a loita das mulleres dende principios do século XX pola xustiza e a igualdade. Daquela eramos oficialmente consideradas persoas de segunda categoría sen dereito ao voto ou ás nosas finanzas. Hoxe os avances son ben visibles, máis as desigualdades aínda son profundas: Porque seguimos morrendo a mans...
O termo incel procede da expresión inglesa involuntary celibate (‘célibe involuntario’). A súa orixe remóntase aos anos noventa, cando Alana, unha moza canadense, creou un foro en liña dirixido a homes e mulleres que sufrían soidade, inseguridade ou dificultades para establecer relacións afectivas. Nos seus inicios, a comunidade incel tiña...
Este 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, as asociacións feministas abolicionistas de Vigo convocamos conxuntamente unha manifestación que sairá ás 12h da Praza dos Cabalos. Nin fendas, nin barreiras nin traballo escravo: mulleres libres! Convoca: Apoia: Unídevos á nosa manifestación! Agardámosvos!
As nosas antigas contas de redes foron hackeadas en X, Instagram e Facebook, e xa non temos acceso a elas.
Pedímosvos que deixedes de seguir as antigas contas e que nos sigades nas indicadas a continuación:
➔ X: @As_Silveiras
➔ Instagram: @assilveiras_asociacion
A publicidade de perfumes é coñecida polo seu formato tan característico, no que máis que unha fragrancia se promocionan modelos de comportamento. As mulleres adoitan aparecer en situacións de inferioridade respecto dos homes ou representadas como figuras que encarnan estereotipos de xénero amplamente aceptados.
DECÁLOGO DIRIXIDO AOS GOBERNOS DE MARROCOS E DE ESPAÑA 10 de decembro de 2025Día Internacional dos Dereitos HumanosLa Fuerza de las Mujeres es el Futuro de Todas
O vindeiro 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, As Silveiras acudiremos á manifestación convocada pola Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo, que sairá ás 20:00 h do cruce con Vía Norte (Vigo). Cada 25 de novembro, Día Internacional para...
Charla-debate sobre o informe “Unha pandemia invisibilizada: nenas que non queren ser mulleres” Charla-coloquio a cargo do Observatorio Feminista Galego sobre como xurdiu a iniciativa de investigar en Galicia os efectos da ideoloxía transgenerista, especialmente nas e os menores, cales foron os retos para obter datos oficiais e as perspectivas...
Desde As Silveiras queremos subliñar a urxencia e a importancia de que existan espazos propios de encontro e debate feminista. Espazos onde pensarmos xuntas sobre as múltiples formas que adopta a desigualdade, a violencia e o control patriarcal, e onde tamén imaxinarmos colectivamente unha vida máis xusta para todas nós.
Cada certo tempo salta ao centro do debate público a cuestión de como enfocar as políticas públicas sobre a prostitución. Desde unha perspectiva feminista, o abolicionismo é a única posición posible, xa que é o único enfoque que garante os dereitos humanos para as mulleres prostituídas. Porén, moitas persoas descoñecen os postulados abolicionistas e consideran erroneamente que responden a unha posición moralista e condescendente.
Neste artigo queremos explicar brevemente en que consiste o abolicionismo, diferenciándoo dos outros dous enfoques: o prohibicionista e o regulacionista.