As mulleres non se alugan, as crianzas non se mercan

Un dos temas centrais da axenda feminista desta cuarta onda do feminismo é a explotación reprodutiva das mulleres e a compravenda de crianzas. A mal chamada “xestación subrogada”, tamén coñecida popularmente como “ventres de alugueiro”, converteuse nas últimas décadas nun negocio multimillonario a escala  global; un negocio de extraordinaria opacidade, no que é imposible saber cantos cartos se moven, e que inclúe desde clínicas de fertilidade ata axencias de viaxes, pasando por bufetes de avogacía, axencias publicitarias ou entidades financeiras, entre outros. Todas estas empresas obteñen un lucro considerable a costa da saúde das mulleres máis vulnerables economicamente.

Nos últimos tempos este poderosísimo lobby económico está intensificando as campañas dirixidas á normalización social desta práctica, de xeito que se favoreza o proceso da súa legalización a nivel global para así incrementar as súas xa desmesuradas ganancias. As universidades organizan xornadas, congresos e seminarios louvando as marabillas do que se presenta falazmente como unha técnica de reprodución asistida, ademais dunha interesante oportunidade de desenvolvemento profesional para o estudantado universitario en ramas tan diversas coma a Medicina, o Dereito ou as Ciencias Empresariais. Tamén captan estudantes universitarias con necesidades económicas para que se convertan en “doadoras” de óvulos.

Pola súa banda, os medios de comunicación presentan historias emotivas de persoas, con frecuencia famosas, que, imposibilitadas para teren crianzas propias, conseguen formar unha familia grazas ao “altruísmo” dunha muller marabillosa que decide xestar por encargo e entregarlles o bebé. Pero os medios só dan voz ás persoas compradoras e nunca falan destas nais: ocultan o seu nome e condición socioeconómica, así como os motivos que as levaron a aceptar someterse a un embarazo e un parto para despois desprendérense da criatura. Tampouco mencionan nunca os medios as terribles condicións do contrato que estas nais se ven obrigadas a asinar, contratos que regulan ata os aspectos máis íntimos da súa vida durante os meses que dura o proceso; non falan tampouco das prácticas médicas e psicolóxicas ás que son sometidas ás nais, prácticas que entrañan graves riscos para a súa saúde e mesmo para a propia vida. Na linguaxe deshumanizadora dos medios, estas mulleres son reducidas a “xestantes”, meros instrumentos no proceso reprodutivo, meras incubadoras.

Nada din tampouco os medios sobre os numerosos casos en que as crianzas que nacen acaban abandonadas por non cumpriren as expectativas das persoas compradoras, ben por non seren do sexo desexado, ben por teren enfermidades ou malformacións. As crianzas son cousificadas e convertidas nun mero obxecto de comercio, nunha mercadoría que se deseña ao gusto de quen paga e se desbota se non satisfai as súas esixencias, e os medios de comunicación son cómplices desta aldraxe.

Entrementres, gobernos de toda ideoloxía legalizan a explotación reprodutiva das mulleres e a compravenda de criaturas: desde Estados Unidos, paradigma do neoliberalismo máis exacerbado, ata a propia Cuba, que no seu recente Código das Familias legalizou a versión “altruísta”. Mais, como demostra a experiencia, ese suposto altruísmo é unha gran mentira, unha máscara que oculta a explotación das mulleres que se prestan a xestar condicionadas pola falta de alternativas e a necesidade económica, especialmente as mulleres do Sur global. Cando en Reino Unido se legalizou a versión “altruísta”, non había mulleres suficientes para satisfacer a demanda de compradores de bebés, que seguiron recorrendo a países como India. A diferenza é que, cando a práctica é legal no país de orixe das persoas compradoras, éstas atopan moitas máis facilidades para inscribiren os seus bebés cando chegan de volta ao país. Así, esta suposta versión “altruísta” é en realidade unicamente a porta de entrada para a versión comercial.

No Estado español, malia que os contratos que impliquen xestar para terceiras persoas son nulos de pleno dereito, isto é, a explotación reprodutiva é ilegal, a Instrución de 2010 da Dirección Xeral dos Rexistros e o Notariado permite inscribir no Rexistro Civil criaturas nacidas mediante explotación reprodutiva no estranxeiro, sempre que se presente unha resolución xudicial do país de orixe que acredite a filiación. Esta instrución, aprobada polo goberno de Zapatero, legaliza de facto unha práctica prohibida pola lei, o que constitúe un delito de prevaricación que xa dura quince anos e varios gobernos de distintas cores, sen que a súa derrogación semelle estar preto.

Dende o feminismo, denunciamos que a explotación reprodutiva é un dos maiores ataques contra as mulleres por parte do patriarcado neoliberal. É unha práctica que atenta contra o concepto de dignidade humana e vulnera gravemente os dereitos humanos das mulleres e das crianzas, que son mercantilizadas e cousificadas. Esiximos a súa abolición universal para que ningunha muller pobre, en ningún lugar do mundo, poida ser explotada por persoas con cartos que pretendan converter en dereitos os seus desexos de reproducirse. A vida humana non pode ser obxecto de compravenda. As mulleres non se alugan, as crianzas non se mercan!

Artigo publicado en A Nova Peneira o 26 de marzo de 2025


Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Usamos cookies para personalizar contido, ofrecer funcións de redes sociais e analizar o noso tráfico. Non compartimos información sobre o seu uso do noso sitio. View more
Cookies settings
Accept
Decline
Privacy & Cookie policy
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Quen somos

Somos unha asociación de mulleres feministas unidas para estender o pensamento e a acción feminista na sociedade, promovendo e apoiando aquelas iniciativas políticas dirixidas a acadar unha sociedade máis xusta e libre de violencias machistas.

Comentarios

Cando as e os visitantes deixan comentarios na web, recompilamos os datos que se mostran no formulario de comentarios, así como a dirección IP do visitante e a cadea de axentes de usuario do navegador para axudar á detección de spam.

Unha cadea anónima creada a partir da túa dirección de correo electrónico (tamén chamada hash) pode ser proporcionada ao servizo de Gravatar para ver se a estás usando. A política de privacidade do servizo Gravatar está dispoñible aquí: https://automattic.com/privacy/. Despois da aprobación do teu comentario, a imaxe do teu perfil é visible para o público no contexto do seu comentario.

Multimedia

Se es unha persoa rexistrada e cargas imaxes á web, debes evitar cargar imaxes con datos de localización GPS EXIF incluídos. Os visitantes da web poden descargar e extraer calquera dato de localización das imaxes da web.

Cookies

Se deixas un comentario no noso sitio podes elixir gardar o teu nome, dirección de correo electrónico e web en cookies. Isto é para a túa comodidade, para que non teñas que volver encher os teus datos cando deixes outro comentario. Estas cookies terán unha duración dun ano.

Se tes unha conta e conéctaste a este sitio, instalaremos unha cookie temporal para determinar se o teu navegador acepta cookies. Esta cookie non contén datos persoais e elimínase ao pechar o navegador.

Cando inicias sesión, tamén instalaremos varias cookies para gardar a túa información de inicio de sesión e as túas opcións de visualización de pantalla. As cookies de inicio de sesión duran dous días, e as cookies de opcións de pantalla duran un ano. Se seleccionas "Lembrarme", o teu inicio de sesión perdurará durante dúas semanas. Se saes da túa conta, as cookies de inicio de sesión eliminaranse.

Se editas ou publicas un artigo, gardarase unha cookie adicional no teu navegador. Esta cookie non inclúe datos persoais e simplemente indica o ID do artigo que acabas de editar. Expira despois de 1 día.

Contido incrustado doutros sitios web

Os artigos deste sitio poden incluír contido incrustado (por exemplo, vídeos, imaxes, artigos, etc.). O contido incrustado doutras web compórtase exactamente da mesma maneira que se o visitante visitase a outra web.

Estas web poden recompilar datos sobre ti, utilizar cookies, incrustar un seguimento adicional de terceiros, e supervisar a túa interacción con ese contido incrustado, incluído o seguimento da súa interacción co contido incrustado se tes unha conta e estás conectado a esa web.

Con quen compartimos os teus datos

Se solicita un restablecemento de contrasinal, a súa dirección IP incluirase no correo electrónico de restablecemento.

Canto tempo conservamos os teus datos

Se deixas un comentario, o comentario e os seus metadatos consérvanse indefinidamente. Isto é para que podamos recoñecer e aprobar comentarios sucesivos automaticamente en lugar de mantelos nunha cola de moderación

Dos usuarios que se rexistran na nosa web (se os hai), tamén almacenamos a información persoal que proporcionan no seu perfil de usuario. Todos os usuarios poden ver, editar ou eliminar a súa información persoal en calquera momento (agás que non poden cambiar o seu nome de usuario). Os administradores da web tamén poden ver e editar esa información.

Que dereitos tes sobre os teus datos

Se tes unha conta ou deixaches comentarios nesta web, podes solicitar recibir un arquivo de exportación dos datos persoais que temos sobre ti, incluíndo calquera dato que nos proporcionaras. Tamén podes solicitar que eliminemos calquera dato persoal que teñamos sobre ti. Isto non inclúe ningún dato que esteamos obrigados a conservar con fins administrativos, legais ou de seguridade.

Onde se envían os teus datos

Os comentarios dos visitantes poida que os revise un servizo de detección automática de spam.

Save settings
Cookies settings