Charla-coloquio sobre a medicina da diferenza

O xoves 17 de outubro asistimos en Vigo á charla-coloquio “A medicina da diferenza: Enferman igual mulleres e homes?”, a cargo de Amaia Pérez-Izaguirre Urquizu, médica en exercicio que actualmente traballa no PAC de Cerdedo.

A ponente, que conta cunha dilatada experiencia en medicina familiar e comunitaria, repasou algunhas das claves que explican a importancia de aplicar a perspectiva de xénero no exercicio da medicina. As diferenzas biolóxicas entre mulleres e homes fan que unha mesma enfermidade nos afecte de xeitos distintos. Porén, malia que as mulleres representamos o 52% da poboación, o androcentrismo da ciencia médica provoca que se nos siga vendo como unha desviación do patrón masculino. Así, os síntomas especificamente femininos de certas doenzas continúan a describirse como “atípicos”. Un exemplo salientable é o do infarto de miocardio, que nas mulleres se manifesta con síntomas diferentes aos que sofren os homes. Isto ten como consecuencia que, en moitas ocasións, nin a muller nin o propio persoal sanitario que a atende recoñecen a tempo que a paciente está sufrindo un infarto, o que conduce a unha elevada taxa de mortalidade do infarto en mulleres.

Canto ás doenzas especificamente femininas, como a endometriose, Pérez-Izaguirre sinalou que continúan estando moi invisibilizadas, tanto na práctica da medicina coma na investigación. Así mesmo, os procesos fisiolóxicos propios das mulleres, como a menstruación e a menopausia, seguen a ser estigmatizados e medicalizados, xa que isto lle resulta moi rendible ao sistema capitalista.

A doutora Pérez-Izaguirre incidiu tamén na necesidade de aplicar a perspectiva de xénero á investigación dos tratamentos farmacolóxicos, xa que mulleres e homes metabolizamos as medicinas de distinto xeito, debido ás nosas diferenzas biolóxicas. Malia isto, as doses que se prescriben non teñen en conta a variable de sexo.

Ademais das cuestións relacionadas co sexo, a ponente tamén analizou como afecta o xénero á saúde das mulleres. Sinalou que na súa consulta comproba cada día que as mulleres tardamos moito en solicitar atención médica, xa que o mandato de xénero nos socializa na obriga de sermos sufridas e en poñermos o coidado dos demais membros da familia por diante de nós mesmas e as nosas necesidades. Por outra banda, o sexismo da sociedade ten como consecuencia que, cando finalmente acode a unha consulta médica, unha muller teña menos probabilidades que un home de que se lle soliciten probas diagnósticas, xa que os síntomas das mulleres son a miúdo minusvalorados e achacados a patoloxías mentais, como a ansiedade.

A ponente concluíu que é urxente que se forneza formación específica para o persoal sanitario, tanto nas facultades de Medicina como tamén de forma continuada durante o exercicio da profesión. E fixo fincapé en que a destrución premeditada do sistema público de saúde por parte do capitalismo ten consecuencias nefastas para a saúde das mulleres.

Desde As Silveiras, queremos agradecerlle fondamente a Amaia Pérez-Izaguirre Urquizu a súa xenerosidade en compartir connosco a súa gran experiencia profesional e os seus coñecementos sobre este tema tan importante para as mulleres.


Tamén che podería gustar...

1 resposta

  1. Nuri di:

    Maravilloso.Grazas!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Usamos cookies para personalizar contido, ofrecer funcións de redes sociais e analizar o noso tráfico. Non compartimos información sobre o seu uso do noso sitio. View more
Cookies settings
Accept
Decline
Privacy & Cookie policy
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Quen somos

Somos unha asociación de mulleres feministas unidas para estender o pensamento e a acción feminista na sociedade, promovendo e apoiando aquelas iniciativas políticas dirixidas a acadar unha sociedade máis xusta e libre de violencias machistas.

Comentarios

Cando as e os visitantes deixan comentarios na web, recompilamos os datos que se mostran no formulario de comentarios, así como a dirección IP do visitante e a cadea de axentes de usuario do navegador para axudar á detección de spam.

Unha cadea anónima creada a partir da túa dirección de correo electrónico (tamén chamada hash) pode ser proporcionada ao servizo de Gravatar para ver se a estás usando. A política de privacidade do servizo Gravatar está dispoñible aquí: https://automattic.com/privacy/. Despois da aprobación do teu comentario, a imaxe do teu perfil é visible para o público no contexto do seu comentario.

Multimedia

Se es unha persoa rexistrada e cargas imaxes á web, debes evitar cargar imaxes con datos de localización GPS EXIF incluídos. Os visitantes da web poden descargar e extraer calquera dato de localización das imaxes da web.

Cookies

Se deixas un comentario no noso sitio podes elixir gardar o teu nome, dirección de correo electrónico e web en cookies. Isto é para a túa comodidade, para que non teñas que volver encher os teus datos cando deixes outro comentario. Estas cookies terán unha duración dun ano.

Se tes unha conta e conéctaste a este sitio, instalaremos unha cookie temporal para determinar se o teu navegador acepta cookies. Esta cookie non contén datos persoais e elimínase ao pechar o navegador.

Cando inicias sesión, tamén instalaremos varias cookies para gardar a túa información de inicio de sesión e as túas opcións de visualización de pantalla. As cookies de inicio de sesión duran dous días, e as cookies de opcións de pantalla duran un ano. Se seleccionas "Lembrarme", o teu inicio de sesión perdurará durante dúas semanas. Se saes da túa conta, as cookies de inicio de sesión eliminaranse.

Se editas ou publicas un artigo, gardarase unha cookie adicional no teu navegador. Esta cookie non inclúe datos persoais e simplemente indica o ID do artigo que acabas de editar. Expira despois de 1 día.

Contido incrustado doutros sitios web

Os artigos deste sitio poden incluír contido incrustado (por exemplo, vídeos, imaxes, artigos, etc.). O contido incrustado doutras web compórtase exactamente da mesma maneira que se o visitante visitase a outra web.

Estas web poden recompilar datos sobre ti, utilizar cookies, incrustar un seguimento adicional de terceiros, e supervisar a túa interacción con ese contido incrustado, incluído o seguimento da súa interacción co contido incrustado se tes unha conta e estás conectado a esa web.

Con quen compartimos os teus datos

Se solicita un restablecemento de contrasinal, a súa dirección IP incluirase no correo electrónico de restablecemento.

Canto tempo conservamos os teus datos

Se deixas un comentario, o comentario e os seus metadatos consérvanse indefinidamente. Isto é para que podamos recoñecer e aprobar comentarios sucesivos automaticamente en lugar de mantelos nunha cola de moderación

Dos usuarios que se rexistran na nosa web (se os hai), tamén almacenamos a información persoal que proporcionan no seu perfil de usuario. Todos os usuarios poden ver, editar ou eliminar a súa información persoal en calquera momento (agás que non poden cambiar o seu nome de usuario). Os administradores da web tamén poden ver e editar esa información.

Que dereitos tes sobre os teus datos

Se tes unha conta ou deixaches comentarios nesta web, podes solicitar recibir un arquivo de exportación dos datos persoais que temos sobre ti, incluíndo calquera dato que nos proporcionaras. Tamén podes solicitar que eliminemos calquera dato persoal que teñamos sobre ti. Isto non inclúe ningún dato que esteamos obrigados a conservar con fins administrativos, legais ou de seguridade.

Onde se envían os teus datos

Os comentarios dos visitantes poida que os revise un servizo de detección automática de spam.

Save settings
Cookies settings