Últimos eventos pasados

Manifestación 8 de marzo 2026, Día Internacional da Muller Traballadora

Praza dos Cabalos, Vigo Praza de España, Vigo

Este 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, as asociacións feministas abolicionistas de Vigo convocamos conxuntamente unha manifestación que sairá ás 12h da Praza dos Cabalos.

Nin fendas, nin barreiras nin traballo escravo: mulleres libres!

Unídevos á nosa manifestación! Agardámosvos!

Manifestación 25 de Novembro

Cruce Vía Norte - Urzaiz Via Norte, 2, Vigo

O vindeiro 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, As Silveiras acudiremos á manifestación convocada pola Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo, que sairá ás 20:00h do cruce con Vía Norte (Vigo).

Quen teme os datos?

Casa Galega da Cultura Praza da Princesa, 2, Vigo

Charla-coloquio a cargo do Observatorio Feminista Galego sobre como xurdiu a iniciativa de investigar en Galicia os efectos da ideoloxía transgenerista, especialmente nas e os menores, cales foron os retos para obter datos oficiais e as perspectivas de futuro para seguir profundando.