Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

25 de novembro en Vigo

25 Novembro, 2024. 18:30 - 20:00

Un ano máis, as mulleres abolicionistas xuntámonos para ir xuntas na manifestación do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas para a súa erradicación.

A resolución 54/134 da ONU define VIOLENCIA CONTRA A MULLER “todo acto de violencia baseado na pertenza ao SEXO FEMININO que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para a muller, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se producen na vida pública como na vida privada“. E convida a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a convocar actividades dirixidas a sensibilizar á opinión pública sobre o problema da violencia contra as mulleres. A resolución engade, ademais: “os dereitos humanos da muller e da nena son unha parte inalienable, integral e indivisible dos dereitos humanos universais e recoñecendo ademais a necesidade de promover e protexer todos os dereitos humanos da muller e a nena”

En Vigo as mulleres abolicionistas xuntarémonos ás 18:30 na Praza Fernando el Católico para ir xuntas ao final da manifestación. Ao final separarémonos da marcha para ler o noso propio manifesto diante do Marco ás 19:30.


Detalles

Recinto

  • Praza Fernando el Católico
  • Praza Fernándo el católico
    Vigo, Spain
    + Google Map