O fenómeno da impostora: presupoñer a competencia nos homes, esixir a súa demostración nas mulleres.

Moitas mulleres coñecemos esa sensación: pensar que o éxito foi cuestión de sorte, que outras persoas poderían facelo mellor ou que alguén descubrirá que non somos tan competentes como parecemos. Pode aparecer ao asumir un novo posto, ao falar nunha reunión ou tras un recoñecemento profesional, e persiste mesmo despois de anos de experiencia e bos resultados.

Esta experiencia coñécese como «fenómeno da impostora». Adoita interpretarse como unha inseguridade individual, mais esa explicación resulta insuficiente. Para comprendelo cómpre analizar como se constrúe socialmente a autoridade e por que tantas mulleres competentes chegan a cuestionar a súa propia lexitimidade.

Desde pequenas aprendemos que de nosoutras se espera modestia, prudencia e perfección. Revisamos máis os nosos erros cós nosos acertos e asumimos que debemos estar completamente preparadas antes de ocupar determinados espazos. En cambio, seguimos asociando a seguridade, a iniciativa e a ambición aos homes.

Esa aprendizaxe refórzase cada vez que ás mulleres se nos esixe demostrar unha competencia que nos homes se dá por suposta. A mesma firmeza interprétase como liderado nun home e como falta de empatía nunha muller. Esta dobre vara de medir, unida á escaseza de referentes femininos, contribúe a que moitas mulleres cuestionemos a nosa propia valía.

Se tantas mulleres comparten esta experiencia, xa non basta con explicala como un problema persoal, senón que ten unha orixe social. Hai que mirar ao ámbito educativo, ao laboral e a outros espazos de participación, onde a desigualdade aparece ao avaliar o traballo, asignar responsabilidades ou recoñecer o liderado.

Unha desigualdade que acabamos interiorizando non se resolve traballando a autoestima das mulleres. Cómpre revisar os criterios cos que se avalía a competencia e construír espazos onde a autoridade das mulleres sexa recoñecida desde o principio. Non debemos adaptarnos á discriminación, senón combatela.

Artigo publicado no xornal A nova peneira.


Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Usamos cookies para personalizar contido, ofrecer funcións de redes sociais e analizar o noso tráfico. Non compartimos información sobre o seu uso do noso sitio. View more
Cookies settings
Accept
Decline
Privacy & Cookie policy
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Quen somos

Somos unha asociación de mulleres feministas unidas para estender o pensamento e a acción feminista na sociedade, promovendo e apoiando aquelas iniciativas políticas dirixidas a acadar unha sociedade máis xusta e libre de violencias machistas.

Comentarios

Cando as e os visitantes deixan comentarios na web, recompilamos os datos que se mostran no formulario de comentarios, así como a dirección IP do visitante e a cadea de axentes de usuario do navegador para axudar á detección de spam.

Unha cadea anónima creada a partir da túa dirección de correo electrónico (tamén chamada hash) pode ser proporcionada ao servizo de Gravatar para ver se a estás usando. A política de privacidade do servizo Gravatar está dispoñible aquí: https://automattic.com/privacy/. Despois da aprobación do teu comentario, a imaxe do teu perfil é visible para o público no contexto do seu comentario.

Multimedia

Se es unha persoa rexistrada e cargas imaxes á web, debes evitar cargar imaxes con datos de localización GPS EXIF incluídos. Os visitantes da web poden descargar e extraer calquera dato de localización das imaxes da web.

Cookies

Se deixas un comentario no noso sitio podes elixir gardar o teu nome, dirección de correo electrónico e web en cookies. Isto é para a túa comodidade, para que non teñas que volver encher os teus datos cando deixes outro comentario. Estas cookies terán unha duración dun ano.

Se tes unha conta e conéctaste a este sitio, instalaremos unha cookie temporal para determinar se o teu navegador acepta cookies. Esta cookie non contén datos persoais e elimínase ao pechar o navegador.

Cando inicias sesión, tamén instalaremos varias cookies para gardar a túa información de inicio de sesión e as túas opcións de visualización de pantalla. As cookies de inicio de sesión duran dous días, e as cookies de opcións de pantalla duran un ano. Se seleccionas "Lembrarme", o teu inicio de sesión perdurará durante dúas semanas. Se saes da túa conta, as cookies de inicio de sesión eliminaranse.

Se editas ou publicas un artigo, gardarase unha cookie adicional no teu navegador. Esta cookie non inclúe datos persoais e simplemente indica o ID do artigo que acabas de editar. Expira despois de 1 día.

Contido incrustado doutros sitios web

Os artigos deste sitio poden incluír contido incrustado (por exemplo, vídeos, imaxes, artigos, etc.). O contido incrustado doutras web compórtase exactamente da mesma maneira que se o visitante visitase a outra web.

Estas web poden recompilar datos sobre ti, utilizar cookies, incrustar un seguimento adicional de terceiros, e supervisar a túa interacción con ese contido incrustado, incluído o seguimento da súa interacción co contido incrustado se tes unha conta e estás conectado a esa web.

Con quen compartimos os teus datos

Se solicita un restablecemento de contrasinal, a súa dirección IP incluirase no correo electrónico de restablecemento.

Canto tempo conservamos os teus datos

Se deixas un comentario, o comentario e os seus metadatos consérvanse indefinidamente. Isto é para que podamos recoñecer e aprobar comentarios sucesivos automaticamente en lugar de mantelos nunha cola de moderación

Dos usuarios que se rexistran na nosa web (se os hai), tamén almacenamos a información persoal que proporcionan no seu perfil de usuario. Todos os usuarios poden ver, editar ou eliminar a súa información persoal en calquera momento (agás que non poden cambiar o seu nome de usuario). Os administradores da web tamén poden ver e editar esa información.

Que dereitos tes sobre os teus datos

Se tes unha conta ou deixaches comentarios nesta web, podes solicitar recibir un arquivo de exportación dos datos persoais que temos sobre ti, incluíndo calquera dato que nos proporcionaras. Tamén podes solicitar que eliminemos calquera dato persoal que teñamos sobre ti. Isto non inclúe ningún dato que esteamos obrigados a conservar con fins administrativos, legais ou de seguridade.

Onde se envían os teus datos

Os comentarios dos visitantes poida que os revise un servizo de detección automática de spam.

Save settings
Cookies settings