O transactivismo no deporte feminino: xustiza ou discriminación?

Non foi ata os Xogos Olímpicos de París do 1900 que se creou a categoría feminina na que as mulleres podían competir en certas disciplinas “aceptables” para o sexo feminino, coma o tenis ou a hípica. A segregación por sexos no deporte non é un capricho das feministas, senón que se establece para garantir a equidade nas competicións e a integridade das deportistas, especialmente nos deportes de contacto como o boxeo ou as artes marciais. Desta maneira, lógrase compensar as diferenzas biolóxicas que situarían ás mulleres en desvantaxe con respecto dos homes, quen polo xeral posúen unha maior forza, capacidade pulmonar e masa muscular, entre outras características.

É por isto que as abolicionistas nos sorprendemos ao presenciar a indignación do sector transactivista ante recente decisión adoptada polo Comité Olímpico Internacional (COI) de impedir que as persoas que pasasen pola puberdade masculina compitan en categorías femininas. Esta restrición está dirixida en concreto aos homes autoidentificados como mulleres e ás persoas con desenvolvemento sexual diferente (DSD), quen combinan características sexuais femininas e masculinas. A partir de 2028, as atletas serán sometidas a probas para as que deberán obter un resultado negativo para o xene SRY. Este xene, ao localizarse no cromosoma Y, é o responsable do desenvolvemento dos caracteres sexuais masculinos no embrión. Estas medidas aplicaranse a nivel mundial e a única excepción será o caso das persoas que padecen o síndrome da insensibilidade completa aos andróxenos (CAIS), o cal impide que pasen a puberdade masculina.

Nos últimos anos, presenciamos casos cando menos cuestionables de atletas masculinos que aseguraban ser mulleres e, en consecuencia, esixían competir na categoría feminina. Un dos máis soados foi o do nadador estadounidense autodenominado Lia Thomas, que competiu na categoría feminina universitaria despois de ter participado previamente na masculina. A súa vitoria no campionato nacional da National Collegiate Athletic Association (NCAA) xerou unha intensa controversia e levou a numerosas deportistas a cuestionar se as regras vixentes garantían unha competición xusta: os homes autoidentificados como mulleres estaban a monopolizar os premios femininos.

Ademais, as queixas das atletas por feitos como o seren forzadas a compartir vestiarios con homes (véxase o caso de Lia Thomas) foron tachadas de transfobia e a súa preocupación interpretouse como un comportamento incompatible cos valores do deporte, o cal supuña unha afronta contra os dereitos das persoas transexuais. Ante o repunte das protestas, federacións como World Athletics, World Aquatics ou a Unión Ciclista Internacional xa non puideron ignorar máis esta situación que, entre outros aspectos, para moitas mulleres podía conlevar a fin da súa carreira. Decidiron endurecer as súas normas a partir de 2022 e 2023, restrinxindo a participación de atletas que pasaran pola puberdade masculina nas categorías femininas de élite.

Actualmente, atopámonos inmersas nunha estendida e sorprendente controversia. Mentres que afirman ser feministas, os sectores transactivistas e queer loitan pola inclusión dos homes autoidentificados como mulleres mesmo en ámbitos que poden danar a saúde física das mulleres. A isto chamámoslle inclusión e progresismo? A súa manipulación descarada da realidade chega a extremos como negar os efectos da puberdade masculina no corpo dos homes e esixir que a estes homes se lles permita competir contra mulleres. Este caso non é unha excepción, senón que a retórica queer segue avanzando na súa burbulla de igualdade selectiva e dogmatismo, mesmo se o mundo se move no sentido contrario. E as mulleres, nesta ocasión, parece que non estamos na súa axenda.


Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Usamos cookies para personalizar contido, ofrecer funcións de redes sociais e analizar o noso tráfico. Non compartimos información sobre o seu uso do noso sitio. View more
Cookies settings
Accept
Decline
Privacy & Cookie policy
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Quen somos

Somos unha asociación de mulleres feministas unidas para estender o pensamento e a acción feminista na sociedade, promovendo e apoiando aquelas iniciativas políticas dirixidas a acadar unha sociedade máis xusta e libre de violencias machistas.

Comentarios

Cando as e os visitantes deixan comentarios na web, recompilamos os datos que se mostran no formulario de comentarios, así como a dirección IP do visitante e a cadea de axentes de usuario do navegador para axudar á detección de spam.

Unha cadea anónima creada a partir da túa dirección de correo electrónico (tamén chamada hash) pode ser proporcionada ao servizo de Gravatar para ver se a estás usando. A política de privacidade do servizo Gravatar está dispoñible aquí: https://automattic.com/privacy/. Despois da aprobación do teu comentario, a imaxe do teu perfil é visible para o público no contexto do seu comentario.

Multimedia

Se es unha persoa rexistrada e cargas imaxes á web, debes evitar cargar imaxes con datos de localización GPS EXIF incluídos. Os visitantes da web poden descargar e extraer calquera dato de localización das imaxes da web.

Cookies

Se deixas un comentario no noso sitio podes elixir gardar o teu nome, dirección de correo electrónico e web en cookies. Isto é para a túa comodidade, para que non teñas que volver encher os teus datos cando deixes outro comentario. Estas cookies terán unha duración dun ano.

Se tes unha conta e conéctaste a este sitio, instalaremos unha cookie temporal para determinar se o teu navegador acepta cookies. Esta cookie non contén datos persoais e elimínase ao pechar o navegador.

Cando inicias sesión, tamén instalaremos varias cookies para gardar a túa información de inicio de sesión e as túas opcións de visualización de pantalla. As cookies de inicio de sesión duran dous días, e as cookies de opcións de pantalla duran un ano. Se seleccionas "Lembrarme", o teu inicio de sesión perdurará durante dúas semanas. Se saes da túa conta, as cookies de inicio de sesión eliminaranse.

Se editas ou publicas un artigo, gardarase unha cookie adicional no teu navegador. Esta cookie non inclúe datos persoais e simplemente indica o ID do artigo que acabas de editar. Expira despois de 1 día.

Contido incrustado doutros sitios web

Os artigos deste sitio poden incluír contido incrustado (por exemplo, vídeos, imaxes, artigos, etc.). O contido incrustado doutras web compórtase exactamente da mesma maneira que se o visitante visitase a outra web.

Estas web poden recompilar datos sobre ti, utilizar cookies, incrustar un seguimento adicional de terceiros, e supervisar a túa interacción con ese contido incrustado, incluído o seguimento da súa interacción co contido incrustado se tes unha conta e estás conectado a esa web.

Con quen compartimos os teus datos

Se solicita un restablecemento de contrasinal, a súa dirección IP incluirase no correo electrónico de restablecemento.

Canto tempo conservamos os teus datos

Se deixas un comentario, o comentario e os seus metadatos consérvanse indefinidamente. Isto é para que podamos recoñecer e aprobar comentarios sucesivos automaticamente en lugar de mantelos nunha cola de moderación

Dos usuarios que se rexistran na nosa web (se os hai), tamén almacenamos a información persoal que proporcionan no seu perfil de usuario. Todos os usuarios poden ver, editar ou eliminar a súa información persoal en calquera momento (agás que non poden cambiar o seu nome de usuario). Os administradores da web tamén poden ver e editar esa información.

Que dereitos tes sobre os teus datos

Se tes unha conta ou deixaches comentarios nesta web, podes solicitar recibir un arquivo de exportación dos datos persoais que temos sobre ti, incluíndo calquera dato que nos proporcionaras. Tamén podes solicitar que eliminemos calquera dato persoal que teñamos sobre ti. Isto non inclúe ningún dato que esteamos obrigados a conservar con fins administrativos, legais ou de seguridade.

Onde se envían os teus datos

Os comentarios dos visitantes poida que os revise un servizo de detección automática de spam.

Save settings
Cookies settings