Concentración contra a “lei trans”

O vindeiro sábado 20 de xuño saímos á rúa para esixir, máis unha vez, a derrogación da #LeyTrans.

A lei trans é inconstitucional. É unha lei anticientífica, antifeminista e antidemocrática e unha trampa que desprotexe as mulleres e a infancia.

Actualización 21 de xuño de 2026:

Manifesto lido durante a concentración:

Compañeiras: 

Hoxe o feminismo galego volve ocupar con firmeza as rúas de Vigo. Estamos aquí, un ano máis, para esixir a derrogación dunha norma inconstitucional, anticientífica e antifeminista: a chamada “Lei Trans”.

Manifestámonos contra a “Lei Trans”, non polo impulso de emocións ou sentimentos de odio ou fobia, como adoitan dicir, senón pola análise feminista. Rexeitamos que as ideas esencialistas e individualistas sobre a “identidade de xénero” substitúan a realidade material do sexo. Opoñémonos a que este dogma se converta na base da lexislación e das políticas públicas, conculcando os dereitos das mulleres.

Debemos telo claro: esta lei é un ataque aos fundamentos do noso Estado de dereito. Substituír o sexo por unha identificación subxectiva non é un avance; é unha trampa que desprotexe as mulleres e a infancia.

  • Denunciamos o dogmatismo nas aulas: A “Lei Trans” impón o “xénero sentido” por riba da bioloxía. Isto desmantela a coeducación e substitúea por unha imposición irracional baseada nos estereotipos sexistas. Vulnérase así o dereito a unha educación libre de adoutrinamento que se desprende do artigo 27 da Constitución, ignorando o rigor científico que debe rexer o sistema educativo. Non queremos que os centros de ensino sexan laboratorios de experimentación social.
    ➞ FÓRA DOGMAS DAS ESCOLAS!

  • Denunciamos a industria da explotación de xénero: Estamos ante un mercado médico e farmacéutico na procura de pacientes de por vida. Na Galiza, as derivacións de nenas ás unidades de identidade de xénero subiron un 2.000%. Estanse captando menores vulnerables para unha medicalización irreversible, en clara infracción do artigo 43 da Constitución polo que o Estado ten a obriga de protexer a saúde da poboación e non a entregar a intereses privados. 
    ➞ A INFANCIA NON SE TOCA!

  • Denunciamos a desprotección ante a violencia de xénero: Abondan casos de maltratadores que cambian a mención ao seu sexo no rexistro para fuxir da Lei orgánica  1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. A muller agredida queda desposuída da protección específica que a ampara, véndose sumida nunha absoluta indefensión. A violencia machista queda borrada dos rexistros mentres o Estado renuncia a combater a raíz estrutural da nosa opresión.
    ➞ O SEXO NON SE ELIXE! A VIOLENCIA MACHISTA NON SE AGOCHA!

  • Denunciamos a manipulación de datos e o borrado estatístico: Ao substituír o dato obxectivo do sexo nos rexistros por unha identidade autodeclarada, aniquílase a fiabilidade de calquera análise da realidade, imposibilitando realizar un diagnóstico certeiro da desigualdade, avaliar as fendas existentes ou deseñar políticas públicas eficaces. Está a chegarse ao extremo de atribuír a mulleres violacións cometidas por homes.
    ➞ NON SON OS NOSOS DELITOS!

  • Denunciamos a invasión de espazos seguros e a inxustiza no deporte: A “Lei Trans” obriga a permitir o acceso a vestiarios, baños, refuxios, prisións e a outros espazos exclusivos de mulleres a persoas do sexo masculino só coa súa autodeclaración, vulnerando o noso dereito á privacidade e á seguridade. Así mesmo, no deporte feminino, a vantaxe biolóxica innegable está expulsando as mulleres de podios e competicións acadadas con décadas de esforzo. 
    ➞ O DEPORTE FEMININO É DAS MULLERES!

  • Denunciamos a resignificación da orientación sexual: Esta lei reduce a orientación sexual a unha atracción por “identidades” e non polo sexo. Estamos asistindo a un acoso sistemático contra lesbianas que reivindican o seu dereito a definir os seus propios espazos e desexos baseándose no sexo, no que non caben os varóns. Este acoso debe parar xa! 
    ➞ NON HAI LESBIANAS CON PENE!

  • Denunciamos a persecución da discrepancia: A través de sancións administrativas desproporcionadas, esta lei pretende calar as feministas e profesionais que se negan a someterse a este dogma. Denunciamos mecanismos antixurídicos como a inversión da carga da proba ou a obriga de claudicar ante a “autodeterminación” baixo ameaza de sanción. Isto supón un ataque frontal á liberdade de expresión e de pensamento recollidas no artigo 20 da Constitución, convertendo calquera crítica feminista, política ou científica en obxecto de persecución legal.
    ➞ NON IMOS CALAR! O FEMINISMO NON CALA, O FEMINISMO LOITA!

Mentres estas inxustizas se multiplican, o Tribunal Constitucional mantén o debate detido. Non podemos agardar máis! Cada día de parálise institucional é un día máis de vulneración de dereitos e de entrega da saúde das nosas fillas e fillos á industria médica do xénero.

Por iso, desde Vigo, xunto coas compañeiras feministas de todo o Estado, esiximos:

  1. A derrogación inmediata da Lei 4/2023, do 28 de febreiro, para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI, pola súa flagrante contradición co Artigo 14 da Constitución. Borrar o sexo oculta a orixe da opresión e vulnera a xerarquía normativa ao supeditar a Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, a unha norma de rango inferior aprobada sen o debido debate social.

  2. A derrogación inmediata da lei autonómica 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia.  Así mesmo, esiximos a paralización inmediata da tramitación do Proxecto de Lei Trans de Asturias e a derrogación de toda a lexislación autonómica que negue a realidade material do sexo.

  3. A retirada inmediata dos protocolos educativos que introducen ideas dogmáticas nos centros de ensino de todos os niveis, desmantelan a coeducación e reforzan os estereotipos sexistas, truncando o libre desenvolvemento da infancia e da mocidade.

  4. A derrogación e revisión urxente dos protocolos sanitarios baseados no modelo afirmativo cego, que impiden o diagnóstico diferencial e que empurran a infancia e a mocidade cara a unha medicalización irreversible e á destrución do seu propio corpo.

  5. Que se recupere na lexislación a perspectiva feminista e o rigor científico. Esiximos políticas baseadas na evidencia material do sexo e non en dogmas que vulneran dereitos, liberdades e a seguridade xurídica das mulleres.

  6. Que o Tribunal Constitucional aplique a xurisprudencia fixada polo Tribunal Supremo do Reino Unido na sentenza de 2025 do caso For Women Scotland. Esiximos que se determine que o concepto de muller debe basearse estritamente no sexo, e que ningunha lei de identidade poida redefinilo.

Compañeiras, nin as mulleres se borran, nin o sexo se elixe. O feminismo galego resiste e non vai parar ata lograr a derrogación total!

ABAIXO A “LEI TRANS”!

DERROGACIÓN XA!

VIVA A LOITA FEMINISTA!


Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Usamos cookies para personalizar contido, ofrecer funcións de redes sociais e analizar o noso tráfico. Non compartimos información sobre o seu uso do noso sitio. View more
Cookies settings
Accept
Decline
Privacy & Cookie policy
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Quen somos

Somos unha asociación de mulleres feministas unidas para estender o pensamento e a acción feminista na sociedade, promovendo e apoiando aquelas iniciativas políticas dirixidas a acadar unha sociedade máis xusta e libre de violencias machistas.

Comentarios

Cando as e os visitantes deixan comentarios na web, recompilamos os datos que se mostran no formulario de comentarios, así como a dirección IP do visitante e a cadea de axentes de usuario do navegador para axudar á detección de spam.

Unha cadea anónima creada a partir da túa dirección de correo electrónico (tamén chamada hash) pode ser proporcionada ao servizo de Gravatar para ver se a estás usando. A política de privacidade do servizo Gravatar está dispoñible aquí: https://automattic.com/privacy/. Despois da aprobación do teu comentario, a imaxe do teu perfil é visible para o público no contexto do seu comentario.

Multimedia

Se es unha persoa rexistrada e cargas imaxes á web, debes evitar cargar imaxes con datos de localización GPS EXIF incluídos. Os visitantes da web poden descargar e extraer calquera dato de localización das imaxes da web.

Cookies

Se deixas un comentario no noso sitio podes elixir gardar o teu nome, dirección de correo electrónico e web en cookies. Isto é para a túa comodidade, para que non teñas que volver encher os teus datos cando deixes outro comentario. Estas cookies terán unha duración dun ano.

Se tes unha conta e conéctaste a este sitio, instalaremos unha cookie temporal para determinar se o teu navegador acepta cookies. Esta cookie non contén datos persoais e elimínase ao pechar o navegador.

Cando inicias sesión, tamén instalaremos varias cookies para gardar a túa información de inicio de sesión e as túas opcións de visualización de pantalla. As cookies de inicio de sesión duran dous días, e as cookies de opcións de pantalla duran un ano. Se seleccionas "Lembrarme", o teu inicio de sesión perdurará durante dúas semanas. Se saes da túa conta, as cookies de inicio de sesión eliminaranse.

Se editas ou publicas un artigo, gardarase unha cookie adicional no teu navegador. Esta cookie non inclúe datos persoais e simplemente indica o ID do artigo que acabas de editar. Expira despois de 1 día.

Contido incrustado doutros sitios web

Os artigos deste sitio poden incluír contido incrustado (por exemplo, vídeos, imaxes, artigos, etc.). O contido incrustado doutras web compórtase exactamente da mesma maneira que se o visitante visitase a outra web.

Estas web poden recompilar datos sobre ti, utilizar cookies, incrustar un seguimento adicional de terceiros, e supervisar a túa interacción con ese contido incrustado, incluído o seguimento da súa interacción co contido incrustado se tes unha conta e estás conectado a esa web.

Con quen compartimos os teus datos

Se solicita un restablecemento de contrasinal, a súa dirección IP incluirase no correo electrónico de restablecemento.

Canto tempo conservamos os teus datos

Se deixas un comentario, o comentario e os seus metadatos consérvanse indefinidamente. Isto é para que podamos recoñecer e aprobar comentarios sucesivos automaticamente en lugar de mantelos nunha cola de moderación

Dos usuarios que se rexistran na nosa web (se os hai), tamén almacenamos a información persoal que proporcionan no seu perfil de usuario. Todos os usuarios poden ver, editar ou eliminar a súa información persoal en calquera momento (agás que non poden cambiar o seu nome de usuario). Os administradores da web tamén poden ver e editar esa información.

Que dereitos tes sobre os teus datos

Se tes unha conta ou deixaches comentarios nesta web, podes solicitar recibir un arquivo de exportación dos datos persoais que temos sobre ti, incluíndo calquera dato que nos proporcionaras. Tamén podes solicitar que eliminemos calquera dato persoal que teñamos sobre ti. Isto non inclúe ningún dato que esteamos obrigados a conservar con fins administrativos, legais ou de seguridade.

Onde se envían os teus datos

Os comentarios dos visitantes poida que os revise un servizo de detección automática de spam.

Save settings
Cookies settings