A visita do papa, cal é o problema?

Non é a primeira vez que o líder supremo da Igrexa Católica visita España. Á parte do desacougo pola constatación do meapilismo de tantos conxéneres e do gasto público que o evento suporá (dispositivos de seguridade e de ordenación viaria, emerxencias etc…), aínda que semella que desta vez vai ser sufragado de xeito privado (por 500.000 euros poderemos darlle a man e ter unha reunión co santo señor), á parte deses detalles, nesta ocasión a visita comporta un feito gravísimo para a ordenación democrática: que o líder relixioso vai intervir no Congreso dos Deputados.

Seica o vai facer, para que non se alporicen os laicistas, non como líder relixioso senón como xefe de Estado. De acordo, consideremos a Santa Sé como Estado. O Papa sería, logo, o xefe dun estado teocrático que non respecta os máis básicos principios da democracia, onde non existe separación de poderes, pois o lexislativo, executivo e xudicial concéntranse na súa santa figura. Un Estado onde, por se non abondara o despropósito, as mulleres non poden acceder a ningún cargo orgánico, nin tan sequera un simple sacerdocio.

Un Estado que, a pesar do seu estatus de observador permanente da ONU, non asinou a maior parte dos seus tratados fundamentais sobre Dereitos Humanos, principalmente polas súas discrepancias doutrinais ao respecto dos dereitos das mulleres (aborto, anticoncepción, entre outros…), e dos menores (a non ser bautizados, a presentar queixas directamente ante o Comité de Dereitos do Neno/a da ONU), feito, éste último que dificulta o esclarecemento dos casos de pederastia no interior da Igrexa. Grave.

Un Estado que tampouco asinou os convenios da Haia sobre a protección da infancia, os da Organización Internacional do Traballo (OIT) nin o Convenio Europeo de Dereitos Humanos, o que lle permite evitar o Tribunal de Estrasburgo.

O 8 de xuño, a sede superior da nosa (mellorable, seguro) democracia, dará a palabra a ese Estado absolutista monárquico e teocrático para que imparta a súa doutrina. Non se pode entender senón como unha grave afronta aos valores da igualdade e dereitos humanos que tal estrado representa.

A confusión entre relixión e institucionalidade política é perversamente intencionada, porque, como líder relixioso, León XIV lidera a mesma Igrexa que respaldou o fascismo español dende 1936. Igrexa que, amáis disto, segue sen responder por todos os seus crimes —non tan distantes— e pola imposición da súa malvada moral represora e machista que aínda contamina o noso presente institucional.

Que veña, si, que veña! Pero para escoitar que os Acordos co Vaticano quedan derrogados, pois supeditan a soberanía do Estado español aos seus intereses e perpetúan desaforados privilexios incompatibles coa igualdade e a liberdade de conciencia; que veña, si, pero para escoitar que non volveremos financiar as súas actividades proselitistas (13.000 millóns anuais), que os políticos españois non participarán oficialmente en actos relixiosos, que a Igrexa deberá devolver os máis de 100.000 inmobles usurpados fraudulentamente e que Felipe VI non se inclinará devotamente ante a súa presenza, humillándonos a todas.

Agardamos que as nosas institucións actúen coa dignidade que merece a representación da cidadanía e non permitan tal atropelo aos valores democráticos. Esiximos a cancelación da intervención de León IX en sede parlamentaria ou, no seu defecto, o boicot dos membros do Congreso. En definitiva, é inadmisible rendir honores a un réxime que vulnera os dereitos humanos, despreza as mulleres e aldraxa a democracia.

Artigo publicado no xornal A Nova Peneira


Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Usamos cookies para personalizar contido, ofrecer funcións de redes sociais e analizar o noso tráfico. Non compartimos información sobre o seu uso do noso sitio. View more
Cookies settings
Accept
Decline
Privacy & Cookie policy
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Quen somos

Somos unha asociación de mulleres feministas unidas para estender o pensamento e a acción feminista na sociedade, promovendo e apoiando aquelas iniciativas políticas dirixidas a acadar unha sociedade máis xusta e libre de violencias machistas.

Comentarios

Cando as e os visitantes deixan comentarios na web, recompilamos os datos que se mostran no formulario de comentarios, así como a dirección IP do visitante e a cadea de axentes de usuario do navegador para axudar á detección de spam.

Unha cadea anónima creada a partir da túa dirección de correo electrónico (tamén chamada hash) pode ser proporcionada ao servizo de Gravatar para ver se a estás usando. A política de privacidade do servizo Gravatar está dispoñible aquí: https://automattic.com/privacy/. Despois da aprobación do teu comentario, a imaxe do teu perfil é visible para o público no contexto do seu comentario.

Multimedia

Se es unha persoa rexistrada e cargas imaxes á web, debes evitar cargar imaxes con datos de localización GPS EXIF incluídos. Os visitantes da web poden descargar e extraer calquera dato de localización das imaxes da web.

Cookies

Se deixas un comentario no noso sitio podes elixir gardar o teu nome, dirección de correo electrónico e web en cookies. Isto é para a túa comodidade, para que non teñas que volver encher os teus datos cando deixes outro comentario. Estas cookies terán unha duración dun ano.

Se tes unha conta e conéctaste a este sitio, instalaremos unha cookie temporal para determinar se o teu navegador acepta cookies. Esta cookie non contén datos persoais e elimínase ao pechar o navegador.

Cando inicias sesión, tamén instalaremos varias cookies para gardar a túa información de inicio de sesión e as túas opcións de visualización de pantalla. As cookies de inicio de sesión duran dous días, e as cookies de opcións de pantalla duran un ano. Se seleccionas "Lembrarme", o teu inicio de sesión perdurará durante dúas semanas. Se saes da túa conta, as cookies de inicio de sesión eliminaranse.

Se editas ou publicas un artigo, gardarase unha cookie adicional no teu navegador. Esta cookie non inclúe datos persoais e simplemente indica o ID do artigo que acabas de editar. Expira despois de 1 día.

Contido incrustado doutros sitios web

Os artigos deste sitio poden incluír contido incrustado (por exemplo, vídeos, imaxes, artigos, etc.). O contido incrustado doutras web compórtase exactamente da mesma maneira que se o visitante visitase a outra web.

Estas web poden recompilar datos sobre ti, utilizar cookies, incrustar un seguimento adicional de terceiros, e supervisar a túa interacción con ese contido incrustado, incluído o seguimento da súa interacción co contido incrustado se tes unha conta e estás conectado a esa web.

Con quen compartimos os teus datos

Se solicita un restablecemento de contrasinal, a súa dirección IP incluirase no correo electrónico de restablecemento.

Canto tempo conservamos os teus datos

Se deixas un comentario, o comentario e os seus metadatos consérvanse indefinidamente. Isto é para que podamos recoñecer e aprobar comentarios sucesivos automaticamente en lugar de mantelos nunha cola de moderación

Dos usuarios que se rexistran na nosa web (se os hai), tamén almacenamos a información persoal que proporcionan no seu perfil de usuario. Todos os usuarios poden ver, editar ou eliminar a súa información persoal en calquera momento (agás que non poden cambiar o seu nome de usuario). Os administradores da web tamén poden ver e editar esa información.

Que dereitos tes sobre os teus datos

Se tes unha conta ou deixaches comentarios nesta web, podes solicitar recibir un arquivo de exportación dos datos persoais que temos sobre ti, incluíndo calquera dato que nos proporcionaras. Tamén podes solicitar que eliminemos calquera dato persoal que teñamos sobre ti. Isto non inclúe ningún dato que esteamos obrigados a conservar con fins administrativos, legais ou de seguridade.

Onde se envían os teus datos

Os comentarios dos visitantes poida que os revise un servizo de detección automática de spam.

Save settings
Cookies settings