A colonización do suxeito político muller

Traemos aquí o artigo “A colonización do suxeito político muller” da nosa compañeira María Loureiro publicado no xornal Praza Pública o 16 de maio de 2026. Imaxe destacada: Colonized nº 90. Marta Fàbregas.


“Non me posuirán —berrou—… Non se apropiarán dunha soa febra deste corpo. (…) Xamais puideron os conquistadores recuperar nin sequera un vestixio do seu corpo: esa terra dos meus cantares, territorio amado negándose para sempre ao invasor.”

— Gioconda Belli, A muller habitada (1988).

Entendemos ben a colonización cando se arrebata a soberanía a un pobo. Hoxe asistimos a una produción continua de crónicas sobre os procesos imperialistas contemporáneos, que escriben algúns dos seus capítulos máis cruentos nas ruínas de Gaza ou no asedio ao Líbano, onde Estados Unidos e Israel son os actores centrais dunha dinámica de ocupación prolongada.

Con todo, o imperialismo non opera unicamente mediante exércitos. Tamén se desprega a través de dispositivos sutís, como algoritmos, estándares culturais, linguaxes ou formas de lexitimación académica. A colonización, como estrutura de dominio, expándese cara a outras dimensións igualmente profundas. Eses mesmos altofalantes que hoxe debullan con acerto a colonización territorial, cultural, lingüística ou dixital padecen unha cegueira selectiva fronte ao asedio máis antigo: o que se exerce sobre as mulleres.

O patriarcado funciona como un sistema de ocupación onde a muller é o primeiro territorio conquistado. Esta invasión materialízase mediante o control da súa autonomía, o disciplinamento da súa sexualidade, a extracción de plusvalía a través do traballo non remunerado ou a expropiación da capacidade sexual e reprodutiva por industrias extractivistas. 

Mais hoxe esta ocupación toma un cariz orwelliano. Unha nova fase colonial desprégase no terreo do simbólico e o político. Tras séculos de loita feminista por describir a realidade material das mulleres e consolidar dereitos baseados no sexo, asistimos a unha incursión que busca desafiuzar as mulleres da súa propia definición: persoa do sexo feminino.

As teorías que desdebuxan o sexo actúan como unha lingua estraña imposta para nomear a nosa realidade desde o desexo alleo. É un extractivismo cultural que se apropia do léxico, dos espazos e das conquistas políticas das mulleres, reducindo a nosa existencia material a unha identidade subxectiva que calquera pode reclamar. Ao ocupar o concepto mesmo de muller, colonízase o último refuxio do suxeito político sobre o que se asentan os nosos dereitos. A linguaxe tecnocrática —que nos oculta ou que nos fragmenta en “corpos xestantes” ou “persoas con vulva”— é a ferramenta coa que o “Estado colono” rexistra a súa propiedade, eliminando o nome da habitante orixinaria de rexistros oficiais para convertela nunha mera categoría administrativa elixible e ao servizo do mercado.

Esta expropiación da propia bioloxía non é azarosa; alimenta o voraz e lucrativo mercado dos corpos sintéticos e a medicalización vitalicia. Para que o negocio da explotación “de xénero” prospere xunto á industria da explotación sexual e da explotación reprodutiva, é imperativo desarticular a única acción política capaz de impugnalos: o feminismo. Introdúcense así “cabalos de Troia” ideolóxicos para que a resistencia sexa devorada desde as súas propias entrañas, co fin de conculcar os dereitos das mulleres na lexislación e deixalas nunha absoluta desprotección.

A ocupación non se presenta como unha intrusión, senón como un “dereito de acceso” do sentimento individual sobre a realidade colectiva, onde os desexos dos varóns prevalecen sobre os dereitos das mulleres. Non obstante, o invasor non busca só o recurso, anhela tamén o silencio da invadida para impoñer o seu relato. Ese mutismo avanza mediante a imposición ideolóxica, a censura social e a violencia simbólica exercida sobre quen se atreve a subverter a narrativa do conquistador. Mais o triunfo definitivo do invasor é a propia asimilación: lograr que sexan as colonizadas as que defendan a gramática posmoderna e neoliberal que as borra, convertendo o desexo alleo no horizonte do seu activismo.

Quen hoxe clame pola soberanía dos pobos fronte ao imperialismo, pero garde silencio ante a captura do suxeito político muller ou traballe activamente na súa disolución, incorre nunha hipocrisía histórica. A descolonización non será real mentres a nosa categoría sexual siga sendo obxecto de disputa e renomeada polo patriarcado. Porque non hai liberdade posible se o primeiro territorio —o noso propio sexo— segue baixo a bota de quen, a través dos séculos, se arrogou o poder absoluto de nomear o mundo: os homes.


Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Usamos cookies para personalizar contido, ofrecer funcións de redes sociais e analizar o noso tráfico. Non compartimos información sobre o seu uso do noso sitio. View more
Cookies settings
Accept
Decline
Privacy & Cookie policy
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Quen somos

Somos unha asociación de mulleres feministas unidas para estender o pensamento e a acción feminista na sociedade, promovendo e apoiando aquelas iniciativas políticas dirixidas a acadar unha sociedade máis xusta e libre de violencias machistas.

Comentarios

Cando as e os visitantes deixan comentarios na web, recompilamos os datos que se mostran no formulario de comentarios, así como a dirección IP do visitante e a cadea de axentes de usuario do navegador para axudar á detección de spam.

Unha cadea anónima creada a partir da túa dirección de correo electrónico (tamén chamada hash) pode ser proporcionada ao servizo de Gravatar para ver se a estás usando. A política de privacidade do servizo Gravatar está dispoñible aquí: https://automattic.com/privacy/. Despois da aprobación do teu comentario, a imaxe do teu perfil é visible para o público no contexto do seu comentario.

Multimedia

Se es unha persoa rexistrada e cargas imaxes á web, debes evitar cargar imaxes con datos de localización GPS EXIF incluídos. Os visitantes da web poden descargar e extraer calquera dato de localización das imaxes da web.

Cookies

Se deixas un comentario no noso sitio podes elixir gardar o teu nome, dirección de correo electrónico e web en cookies. Isto é para a túa comodidade, para que non teñas que volver encher os teus datos cando deixes outro comentario. Estas cookies terán unha duración dun ano.

Se tes unha conta e conéctaste a este sitio, instalaremos unha cookie temporal para determinar se o teu navegador acepta cookies. Esta cookie non contén datos persoais e elimínase ao pechar o navegador.

Cando inicias sesión, tamén instalaremos varias cookies para gardar a túa información de inicio de sesión e as túas opcións de visualización de pantalla. As cookies de inicio de sesión duran dous días, e as cookies de opcións de pantalla duran un ano. Se seleccionas "Lembrarme", o teu inicio de sesión perdurará durante dúas semanas. Se saes da túa conta, as cookies de inicio de sesión eliminaranse.

Se editas ou publicas un artigo, gardarase unha cookie adicional no teu navegador. Esta cookie non inclúe datos persoais e simplemente indica o ID do artigo que acabas de editar. Expira despois de 1 día.

Contido incrustado doutros sitios web

Os artigos deste sitio poden incluír contido incrustado (por exemplo, vídeos, imaxes, artigos, etc.). O contido incrustado doutras web compórtase exactamente da mesma maneira que se o visitante visitase a outra web.

Estas web poden recompilar datos sobre ti, utilizar cookies, incrustar un seguimento adicional de terceiros, e supervisar a túa interacción con ese contido incrustado, incluído o seguimento da súa interacción co contido incrustado se tes unha conta e estás conectado a esa web.

Con quen compartimos os teus datos

Se solicita un restablecemento de contrasinal, a súa dirección IP incluirase no correo electrónico de restablecemento.

Canto tempo conservamos os teus datos

Se deixas un comentario, o comentario e os seus metadatos consérvanse indefinidamente. Isto é para que podamos recoñecer e aprobar comentarios sucesivos automaticamente en lugar de mantelos nunha cola de moderación

Dos usuarios que se rexistran na nosa web (se os hai), tamén almacenamos a información persoal que proporcionan no seu perfil de usuario. Todos os usuarios poden ver, editar ou eliminar a súa información persoal en calquera momento (agás que non poden cambiar o seu nome de usuario). Os administradores da web tamén poden ver e editar esa información.

Que dereitos tes sobre os teus datos

Se tes unha conta ou deixaches comentarios nesta web, podes solicitar recibir un arquivo de exportación dos datos persoais que temos sobre ti, incluíndo calquera dato que nos proporcionaras. Tamén podes solicitar que eliminemos calquera dato persoal que teñamos sobre ti. Isto non inclúe ningún dato que esteamos obrigados a conservar con fins administrativos, legais ou de seguridade.

Onde se envían os teus datos

Os comentarios dos visitantes poida que os revise un servizo de detección automática de spam.

Save settings
Cookies settings