Máis feminismo, por favor!

En marzo conmemoramos a loita das mulleres dende principios do século XX pola xustiza e a igualdade. Daquela eramos oficialmente consideradas persoas de segunda categoría sen dereito ao voto ou ás nosas finanzas. Hoxe os avances son ben visibles, máis as desigualdades aínda son profundas:

Porque seguimos morrendo a mans das nosas parellas homes

O poder xudicial rexistrou en 2025 en Galicia unhas 20 denuncias diarias por violencia de xénero, sendo condenatorias o 87% das sentencias. No Estado Español, no que levamos de ano (a día 16 de marzo), lévanse rexistrados xa 23 asasinatos machistas, incluídos 2 menores.

Porque seguimos gañando menos ca eles

A fenda salarial de xénero en España actualmente é do 15%, o que significa que as mulleres cobramos anualmente, miles de euros menos que os homes. A pesar de ter diminuído, a desigualdade persiste debido á segregación laboral e á maior contratación a tempo parcial das mulleres.

Porque seguimos sendo nós quen asume os coidados de crianzas e maiores

A fenda de xénero nos coidados en España é profunda e ten un custo oculto de más de 95.000 millóns de euros anuais. O 37% das mulleres asumimos o coidado habitual das crianzas fronte a un 5,6% dos homes. En 2024, o 84,4% das excedencias por coidados foron solicitadas por mulleres.

Porque seguimos sendo nós as que asumimos as tarefas do fogar

As tarefas da casa seguen principalmente nas mans de mulleres. Máis da metade afirma que sempre ou case sempre se encarga de lavar a roupa, fronte ao 13,3% dos homes que din asumir esa tarefa.

Porque seguimos ignoradas e maltratadas na atención sanitaria

Amais da violencia obstétrica ou o a deficiente atención en saúde mental, enfrontamos diagnósticos nesgados e tardíos (2,5 anos máis para cancro e 4,5 para diabetes), menor investigación e peores indicadores de saúde para as mulleres, influenciados por factores socioestruturais como usar o corpo masculino como estándar biomédico.

Porque seguimos sufrindo violencia sexual

Non hai día en que no se produza en Galicia una agresión sexual. Nos últimos 5 anos, estes delitos medraron en cantidade (25% máis) e en gravidade (violacións grupais). Só no primeiro  trimestre do 2025 rexistráronse 187 delitos contra a liberdade sexual, dos que 42 foron violacións.

Porque seguimos ausentes dos centros de poder públicos e privados

A pesar das políticas de igualdade, o teito de cristal e o acaparamento masculino da toma de decisións son unha realidade: en España as mulleres temos un 65% menos de posibilidades que os homes de ascender a cargos de alta dirección (3% CEO mulleres).

Porque seguimos figurando como obxectos

Na cultura, na escola, na ciencia, nos museos, na publicidade…; en fin, en todas as esferas da vida social, a muller é relegada a obxecto negándose e invisibilizando a nosa acción creadora e protagonista. Por poñer un exemplo actual, no eido do cine, en 40 edicións, só 5 mulleres gañaron o Goya á mellor dirección.

Por todo isto non podemos abandonar a loita. Non podemos deixarnos seducir polos discursos que afirman falsamente que a igualdade xa está conseguida ou, o que é moito máis grave, que o feminismo está agredindo aos homes. Os datos son contundentes, só hai que ver con honestidade que seguimos sufrindo desigualdade e violencia, só por ser as femias da especie humana. Por iso o 8 de marzo berramos: Máis feminismo, por favor!


Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Usamos cookies para personalizar contido, ofrecer funcións de redes sociais e analizar o noso tráfico. Non compartimos información sobre o seu uso do noso sitio. View more
Cookies settings
Accept
Decline
Privacy & Cookie policy
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Quen somos

Somos unha asociación de mulleres feministas unidas para estender o pensamento e a acción feminista na sociedade, promovendo e apoiando aquelas iniciativas políticas dirixidas a acadar unha sociedade máis xusta e libre de violencias machistas.

Comentarios

Cando as e os visitantes deixan comentarios na web, recompilamos os datos que se mostran no formulario de comentarios, así como a dirección IP do visitante e a cadea de axentes de usuario do navegador para axudar á detección de spam.

Unha cadea anónima creada a partir da túa dirección de correo electrónico (tamén chamada hash) pode ser proporcionada ao servizo de Gravatar para ver se a estás usando. A política de privacidade do servizo Gravatar está dispoñible aquí: https://automattic.com/privacy/. Despois da aprobación do teu comentario, a imaxe do teu perfil é visible para o público no contexto do seu comentario.

Multimedia

Se es unha persoa rexistrada e cargas imaxes á web, debes evitar cargar imaxes con datos de localización GPS EXIF incluídos. Os visitantes da web poden descargar e extraer calquera dato de localización das imaxes da web.

Cookies

Se deixas un comentario no noso sitio podes elixir gardar o teu nome, dirección de correo electrónico e web en cookies. Isto é para a túa comodidade, para que non teñas que volver encher os teus datos cando deixes outro comentario. Estas cookies terán unha duración dun ano.

Se tes unha conta e conéctaste a este sitio, instalaremos unha cookie temporal para determinar se o teu navegador acepta cookies. Esta cookie non contén datos persoais e elimínase ao pechar o navegador.

Cando inicias sesión, tamén instalaremos varias cookies para gardar a túa información de inicio de sesión e as túas opcións de visualización de pantalla. As cookies de inicio de sesión duran dous días, e as cookies de opcións de pantalla duran un ano. Se seleccionas "Lembrarme", o teu inicio de sesión perdurará durante dúas semanas. Se saes da túa conta, as cookies de inicio de sesión eliminaranse.

Se editas ou publicas un artigo, gardarase unha cookie adicional no teu navegador. Esta cookie non inclúe datos persoais e simplemente indica o ID do artigo que acabas de editar. Expira despois de 1 día.

Contido incrustado doutros sitios web

Os artigos deste sitio poden incluír contido incrustado (por exemplo, vídeos, imaxes, artigos, etc.). O contido incrustado doutras web compórtase exactamente da mesma maneira que se o visitante visitase a outra web.

Estas web poden recompilar datos sobre ti, utilizar cookies, incrustar un seguimento adicional de terceiros, e supervisar a túa interacción con ese contido incrustado, incluído o seguimento da súa interacción co contido incrustado se tes unha conta e estás conectado a esa web.

Con quen compartimos os teus datos

Se solicita un restablecemento de contrasinal, a súa dirección IP incluirase no correo electrónico de restablecemento.

Canto tempo conservamos os teus datos

Se deixas un comentario, o comentario e os seus metadatos consérvanse indefinidamente. Isto é para que podamos recoñecer e aprobar comentarios sucesivos automaticamente en lugar de mantelos nunha cola de moderación

Dos usuarios que se rexistran na nosa web (se os hai), tamén almacenamos a información persoal que proporcionan no seu perfil de usuario. Todos os usuarios poden ver, editar ou eliminar a súa información persoal en calquera momento (agás que non poden cambiar o seu nome de usuario). Os administradores da web tamén poden ver e editar esa información.

Que dereitos tes sobre os teus datos

Se tes unha conta ou deixaches comentarios nesta web, podes solicitar recibir un arquivo de exportación dos datos persoais que temos sobre ti, incluíndo calquera dato que nos proporcionaras. Tamén podes solicitar que eliminemos calquera dato persoal que teñamos sobre ti. Isto non inclúe ningún dato que esteamos obrigados a conservar con fins administrativos, legais ou de seguridade.

Onde se envían os teus datos

Os comentarios dos visitantes poida que os revise un servizo de detección automática de spam.

Save settings
Cookies settings