A nova instrución sobre “xestación subrogada” baixo a ollada feminista

O pasado mes de marzo, neste mesmo xornal, As Silveiras publicamos un artigo sobre a explotación reprodutiva titulado “As mulleres non se alugan, as crianzas non se mercan”. Volvemos hoxe ao mesmo tema para analizarmos unha importante novidade: o día 1 de maio entrou en vigor unha nova instrución, emitida polo Ministerio de Xustiza do Goberno español, que prohibe a inscrición automática no Rexistro Civil dos bebés nacidos no estranxeiro mediante esta práctica, e suspende os expedientes en curso que pretendían ese recoñecemento de filiación. Dende unha perspectiva feminista, cómpre recoñecer que este paso, malia ser importante, é aínda insuficiente.

Como diciamos no noso artigo de marzo, no Estado español a mal chamada “xestación subrogada” é ilegal, segundo establece a Lei 14/2006 sobre técnicas de reprodución humana asistida, cuxo artigo 10.1 declara nulos os contratos de “xestación por substitución”, tanto se se fan de maneira altruísta como comercial. Con todo, a prevaricadora Instrución de 2010 da Dirección Xeral dos Rexistros e o Notariado permitía ata agora inscribir no Rexistro Civil criaturas nacidas mediante explotación reprodutiva no estranxeiro, sempre que se presentase unha resolución xudicial do país de orixe que acreditase a filiación a favor das persoas compradoras.

O Tribunal Supremo español sempre foi moi claro a respecto desta cuestión. En diversas sentenzas, estableceu que esta práctica vulnera dereitos fundamentais, tanto da muller xestante como da criatura, ao convertelas en meros obxectos dun contrato. As sentenzas do Supremo consideran que estes acordos anulan a autonomía da muller e deshumanizan o proceso reprodutivo, converténdoo nun servizo mercantil. Máis aínda, recoñecen que se produce unha cousificación da infancia, que pasa a ser adquirida coma un ben, non recoñecida como suxeito de dereitos. O Supremo conclúe así que esta práctica implica unha grave lesión dos dereitos fundamentais recoñecidos na Constitución española e nos tratados internacionais.

A Instrución de 2025 responde aos principios establecidos polo Tribunal Supremo, coa intención de dificultar un proceso que resultaba moi sinxelo para as persoas que impunemente compraban no estranxeiro un bebé xestado por unha muller pobre. Esta nova instrución non acepta os certificados de nacemento emitidos por tribunais estranxeiros e obriga a que as persoas que recorren a esta práctica inicien un proceso xudicial no Estado español para establecer a filiación. O rexistro da criatura permítese se existe un vínculo xenético ou se se inicia un proceso de adopción, o cal conleva controis máis estritos. Este proceso xudicial, ademais, impide que se borre a existencia da nai (como ocorría ata agora), protexendo así o dereito esencial das crianzas a coñeceren as súas orixes, tal como recoñecen tratados internacionais como a Convención sobre os Dereitos das Nenas e Nenos.

A partir de agora, quen recorra a esta práctica corre o risco de que un tribunal español rexeite a súa solicitude de filiación se non cumpre cos requisitos legais establecidos. Este risco, xunto co gasto en tempo e recursos legais derivado do proceso xudicial, pode tamén disuadir a algunhas persoas da idea de mercar unha criatura. Non obstante, o problema de fondo segue intacto: continúan funcionando axencias de intermediación que operan con total impunidade, publicitando abertamente nos medios e en internet a oferta de “programas” de explotación reprodutiva en países como Ucraína, Xeorxia, Estados Unidos ou México. A meirande parte destas axencias teñen sede no Estado español e actúan como mediadoras entre persoas demandantes e mulleres xestantes, na súa maioría en situacións económicas precarias. Así, mentres legalmente non se recoñece a validez dos contratos, tampouco se sanciona a actividade que os promove.

Dende o movemento feminista, a denuncia contra esta práctica é clara e firme: esta práctica non é unha técnica reprodutiva inocua, senón unha forma de violencia patriarcal e económica que se exerce sobre as mulleres. A mal chamada “xestación subrogada” perpetúa a idea de que o corpo da muller pode ser fragmentado, usado e vendido, mesmo cando se alega altruísmo. É esencial ter presente que, baixo o verniz de desexo de maternidade ou paternidade, se oculta unha lóxica de mercado. Unha lóxica que selecciona mulleres segundo criterios de saúde, raza, idade e obediencia, e que establece prezo para cada fase do proceso: estimulación hormonal, inseminación, embarazo, parto e cesión legal da criatura. E se hai complicacións ou arrepentimentos, a muller carece de dereitos.

A nova instrución do Goberno é, por tanto, necesaria e acorde coa legalidade vixente e cos principios de dereitos humanos que deben rexer un estado democrático. Mais sen unha resposta máis ampla, seguirá sendo posible comprar unha criatura simplemente voando a outro país e logo acudindo aos tribunais para regularizar a situación. Para evitalo, é urxente que, dunha vez por todas, se produza a prohibición explícita da explotación reprodutiva, así como a súa consideración como trata con fins reprodutivos na Lei Integral contra a Trata, con sancións económicas e penais, para erradicar definitivamente este xeito de explotación. A dignidade das mulleres e das crianzas non pode estar suxeita a contratos comerciais nin á vontade de quen pode pagar. A nova instrución do Goberno español é un paso que vai na dirección correcta. Pero se realmente queremos garantir que ningunha persoa sexa obxecto de compravenda, a acción política debe ir moito máis alá. Porque a liberdade reprodutiva non pode existir sen igualdade, e a igualdade esixe que o corpo das mulleres deixe de ser un recurso a disposición do mercado.

Artigo publicado en A Nova Pereira o 15 de maio de 2025


Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Usamos cookies para personalizar contido, ofrecer funcións de redes sociais e analizar o noso tráfico. Non compartimos información sobre o seu uso do noso sitio. View more
Cookies settings
Accept
Decline
Privacy & Cookie policy
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Quen somos

Somos unha asociación de mulleres feministas unidas para estender o pensamento e a acción feminista na sociedade, promovendo e apoiando aquelas iniciativas políticas dirixidas a acadar unha sociedade máis xusta e libre de violencias machistas.

Comentarios

Cando as e os visitantes deixan comentarios na web, recompilamos os datos que se mostran no formulario de comentarios, así como a dirección IP do visitante e a cadea de axentes de usuario do navegador para axudar á detección de spam.

Unha cadea anónima creada a partir da túa dirección de correo electrónico (tamén chamada hash) pode ser proporcionada ao servizo de Gravatar para ver se a estás usando. A política de privacidade do servizo Gravatar está dispoñible aquí: https://automattic.com/privacy/. Despois da aprobación do teu comentario, a imaxe do teu perfil é visible para o público no contexto do seu comentario.

Multimedia

Se es unha persoa rexistrada e cargas imaxes á web, debes evitar cargar imaxes con datos de localización GPS EXIF incluídos. Os visitantes da web poden descargar e extraer calquera dato de localización das imaxes da web.

Cookies

Se deixas un comentario no noso sitio podes elixir gardar o teu nome, dirección de correo electrónico e web en cookies. Isto é para a túa comodidade, para que non teñas que volver encher os teus datos cando deixes outro comentario. Estas cookies terán unha duración dun ano.

Se tes unha conta e conéctaste a este sitio, instalaremos unha cookie temporal para determinar se o teu navegador acepta cookies. Esta cookie non contén datos persoais e elimínase ao pechar o navegador.

Cando inicias sesión, tamén instalaremos varias cookies para gardar a túa información de inicio de sesión e as túas opcións de visualización de pantalla. As cookies de inicio de sesión duran dous días, e as cookies de opcións de pantalla duran un ano. Se seleccionas "Lembrarme", o teu inicio de sesión perdurará durante dúas semanas. Se saes da túa conta, as cookies de inicio de sesión eliminaranse.

Se editas ou publicas un artigo, gardarase unha cookie adicional no teu navegador. Esta cookie non inclúe datos persoais e simplemente indica o ID do artigo que acabas de editar. Expira despois de 1 día.

Contido incrustado doutros sitios web

Os artigos deste sitio poden incluír contido incrustado (por exemplo, vídeos, imaxes, artigos, etc.). O contido incrustado doutras web compórtase exactamente da mesma maneira que se o visitante visitase a outra web.

Estas web poden recompilar datos sobre ti, utilizar cookies, incrustar un seguimento adicional de terceiros, e supervisar a túa interacción con ese contido incrustado, incluído o seguimento da súa interacción co contido incrustado se tes unha conta e estás conectado a esa web.

Con quen compartimos os teus datos

Se solicita un restablecemento de contrasinal, a súa dirección IP incluirase no correo electrónico de restablecemento.

Canto tempo conservamos os teus datos

Se deixas un comentario, o comentario e os seus metadatos consérvanse indefinidamente. Isto é para que podamos recoñecer e aprobar comentarios sucesivos automaticamente en lugar de mantelos nunha cola de moderación

Dos usuarios que se rexistran na nosa web (se os hai), tamén almacenamos a información persoal que proporcionan no seu perfil de usuario. Todos os usuarios poden ver, editar ou eliminar a súa información persoal en calquera momento (agás que non poden cambiar o seu nome de usuario). Os administradores da web tamén poden ver e editar esa información.

Que dereitos tes sobre os teus datos

Se tes unha conta ou deixaches comentarios nesta web, podes solicitar recibir un arquivo de exportación dos datos persoais que temos sobre ti, incluíndo calquera dato que nos proporcionaras. Tamén podes solicitar que eliminemos calquera dato persoal que teñamos sobre ti. Isto non inclúe ningún dato que esteamos obrigados a conservar con fins administrativos, legais ou de seguridade.

Onde se envían os teus datos

Os comentarios dos visitantes poida que os revise un servizo de detección automática de spam.

Save settings
Cookies settings