Que é unha muller

O mércores 16 de abril de 2025, o Tribunal Supremo do Reino Unido pronunciou unha sentenza que podemos cualificar de histórica pola súa transcendencia para a loita feminista. Ao mesmo tempo, a sentenza dá moito que reflexionar sobre a deriva distópica da sociedade contemporánea, na medida en que, por primeira vez na historia, todo un Tribunal Supremo tivo que terzar sobre unha cuestión que ata hai non moitos anos era obvia para todo o mundo: que é unha muller? A sentenza, ditada coa unanimidade do Tribunal (tres xuíces e dúas xuízas), establece con rotundidade que a categoría “muller” debe ser entendida nun sentido biolóxico, é dicir, deixando fóra os varóns que se autoidentifican como mulleres, por máis que estes varóns dispoñan dun “certificado de recoñecemento de sexo”, isto é, que cambiaran o seu sexo rexistral, o sexo que figura no Rexistro Civil.

É importante sinalar que esta sentenza é un triunfo do feminismo escocés, que foi quen levou aos tribunais a interpretación do seu goberno da Lei de Igualdade. O goberno escocés leva anos aplicando políticas transxeneristas, como incluír na categoría “muller” a homes transfemininos (homes que se autoidentifican como mulleres), o cal implica, por exemplo, enviar a cárceres de mulleres a violadores que no medio do seu xuízo decidían declararse mulleres.

O transxenerismo é unha ideoloxía desenvolvida nos Estados Unidos nas últimas décadas do século XX e exportada dende alí ao resto do mundo. Esta ideoloxía defende que ser home ou muller non ten nada que ver coa bioloxía (é dicir, co sexo), senón que é unha identidade persoal e subxectiva, chamada “identidade de xénero”. Esta “identidade de xénero” baséase, en realidade, nos estereotipos sexistas asociados á masculinidade e á feminidade. Segundo o transxenerismo, son os nosos comportamentos e gustos os que nos fan homes ou mulleres; deste xeito, un neno que prefire xogar con bonecas a xogar ao fútbol sería unha nena que naceu no corpo equivocado; e unha nena que prefire levar o pelo curto e non quere brincos nas orellas sería un neno atrapado nun corpo que non lle corresponde. Para corrixir estes “erros da bioloxía”, sométese as crianzas a bloqueadores da pubertade, hormonación cruzada e cirurxías agresivas que as converten en doentes de por vida.

Calquera profesional da medicina ou da bioloxía sabe que o sexo non se pode cambiar en ningún caso: o sexo non está tan só nos xenitais, senón en cada unha das nosas células, polo que nacemos e morremos co mesmo sexo, sen importar canto nos hormonemos ou a cantas cirurxías nos sometamos. Pero os tratamentos hormonais de por vida e as cirurxías asociadas a estes procedementos alimentan unha industria moi lucrativa que inclúe as grandes farmacéuticas e tamén clínicas de “reasignación de sexo” que proliferan nos últimos anos en todo o mundo.

Este poderoso lobby económico que sustenta a ideoloxía transxenerista conseguiu nas últimas décadas impoñer a súa visión negacionista da bioloxía a través de leis de “identidade de xénero”, promovidas por gobernos tanto de esquerdas coma de dereitas. No Estado español aprobouse a chamada “Lei trans” estatal no ano 2023. Aínda que xa había leis en case todas as comunidades autónomas, como é o caso de Galicia dende 2014, a lei estatal supuxo un paso adiante no borrado da categoría “muller”, na medida en que facilitou extraordinariamente o cambio de sexo rexistral: se calquera home pode ser muller, que é ser muller? A lei estatal establece que calquera home pode autodeterminarse como muller simplemente coa súa propia declaración no Rexistro Civil: non só non é preciso presentar ningún tipo de documentación, senón que mesmo é delito cuestionar a súa vontade. A anomalía deste procedemento queda clara se pensamos que para calquera outra xestión con implicación xurídica (por exemplo, contraer matrimonio, rexistrar o nacemento dunha criatura ou solicitar unha prestación por discapacidade), sempre se precisa unha certificación e, dende logo, non abonda coa intención declarativa da persoa interesada.

Este cambio de sexo rexistral (que non biolóxico, como diciamos antes) está poñendo en perigo os escasos avances nos dereitos das mulleres producidos tras décadas de intensa loita feminista. Negar a categoría “muller” é negar o sexo como base da nosa opresión e, con iso, negar a existencia do sexismo. Deste xeito, tamén se deslexitiman as políticas públicas que foron deseñadas especificamente para combater a desigualdade que sufrimos polo feito de sermos mulleres. Daremos aquí unicamente algúns exemplos ilustrativos especialmente graves:

  • En materia de violencia: A autodeterminación de sexo rexistral invalida a protección das mulleres vítimas de violencia machista. Hai xa moitos casos de maltratadores que cambian a “muller” o seu sexo rexistral para evitar ser xulgados en tribunais específicos de violencia machista, xa que o seu maltrato pasa a ser “violencia intrafamiliar”. As súas vítimas quedan así desprotexidas e sen dereito ás (xa de por si insuficientes) provisións que establece a lei de violencia de xénero.
  • No deporte: Levamos anos observando como a categoría feminina dos deportes está sendo usurpada por varóns que eran deportistas mediocres na categoría masculina. Ao se autoidentificaren mulleres, benefícianse da súa superioridade física de varón e conseguen medallas, desprazando as mulleres do podio e mesmo provocando lesións graves nas súas contrincantes.
  • Nos espazos exclusivos de mulleres: Mencionamos antes os casos de violadores en prisións femininas, mais a invasión dos espazos de mulleres afecta tamén aos aseos públicos, aos vestiarios dos ximnasios e piscinas, aos refuxios para mulleres maltratadas, aos cuartos de hospital… A propia lei de paridade na representación (por exemplo, nas listas electorais) vese vulnerada cando un home pode ocupar o posto dunha muller simplemente por declararse muller.

Todos estes exemplos proceden do Estado español, cunha lei relativamente recente en comparación con outros países occidentais. Por iso, esta sentenza do Tribunal Supremo británico é sumamente relevante, non só para as mulleres británicas senón para todas as mulleres, xa que avala as reivindicacións do movemento feminista internacional de que a categoría “muller” só se poida interpretar en relación ao sexo biolóxico e non ao sexo rexistral.

Debemos evitar caer na manipulación: interpretar “muller” (e “home”) como categorías biolóxicas non supón en ningún caso negar a dignidade das persoas transexuais, porque os seus dereitos como persoas están plenamente garantidos pola lei. As discriminacións contra este colectivo deben ser corrixidas, sen dúbida, pero nunca a costa dos dereitos das mulleres e das nenas, que conformamos a metade da poboación mundial.

Non se pode construír a igualdade real negando a realidade material. O feminismo naceu como resposta a unha opresión concreta e baseada nun feito obxectivo: nacer muller. Substituír esa realidade por un sentimento subxectivo borra a metade da humanidade como suxeito político e vulnera os dereitos que tanto custou conquistar. A defensa dos dereitos das mulleres non pode depender da lexitimación de identidades alleas, senón do recoñecemento da existencia das mulleres e da súa opresión específica. Esta idea, que constitúe o cerne da teoría feminista desde os seus inicios, acaba de ser avalada polo Tribunal Supremo do Reino Unido.

Dende As Silveiras parabenizamos as feministas escocesas polo seu éxito e confiamos en que, polo ben das mulleres e das nenas en todo o mundo, a sentenza do Tribunal Supremo británico sexa un paso adiante na rectificación da lexislación transxenerista a nivel global.

Artigo publicado en A Nova Peneira o 1 de maio de 2025


Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Usamos cookies para personalizar contido, ofrecer funcións de redes sociais e analizar o noso tráfico. Non compartimos información sobre o seu uso do noso sitio. View more
Cookies settings
Accept
Decline
Privacy & Cookie policy
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Quen somos

Somos unha asociación de mulleres feministas unidas para estender o pensamento e a acción feminista na sociedade, promovendo e apoiando aquelas iniciativas políticas dirixidas a acadar unha sociedade máis xusta e libre de violencias machistas.

Comentarios

Cando as e os visitantes deixan comentarios na web, recompilamos os datos que se mostran no formulario de comentarios, así como a dirección IP do visitante e a cadea de axentes de usuario do navegador para axudar á detección de spam.

Unha cadea anónima creada a partir da túa dirección de correo electrónico (tamén chamada hash) pode ser proporcionada ao servizo de Gravatar para ver se a estás usando. A política de privacidade do servizo Gravatar está dispoñible aquí: https://automattic.com/privacy/. Despois da aprobación do teu comentario, a imaxe do teu perfil é visible para o público no contexto do seu comentario.

Multimedia

Se es unha persoa rexistrada e cargas imaxes á web, debes evitar cargar imaxes con datos de localización GPS EXIF incluídos. Os visitantes da web poden descargar e extraer calquera dato de localización das imaxes da web.

Cookies

Se deixas un comentario no noso sitio podes elixir gardar o teu nome, dirección de correo electrónico e web en cookies. Isto é para a túa comodidade, para que non teñas que volver encher os teus datos cando deixes outro comentario. Estas cookies terán unha duración dun ano.

Se tes unha conta e conéctaste a este sitio, instalaremos unha cookie temporal para determinar se o teu navegador acepta cookies. Esta cookie non contén datos persoais e elimínase ao pechar o navegador.

Cando inicias sesión, tamén instalaremos varias cookies para gardar a túa información de inicio de sesión e as túas opcións de visualización de pantalla. As cookies de inicio de sesión duran dous días, e as cookies de opcións de pantalla duran un ano. Se seleccionas "Lembrarme", o teu inicio de sesión perdurará durante dúas semanas. Se saes da túa conta, as cookies de inicio de sesión eliminaranse.

Se editas ou publicas un artigo, gardarase unha cookie adicional no teu navegador. Esta cookie non inclúe datos persoais e simplemente indica o ID do artigo que acabas de editar. Expira despois de 1 día.

Contido incrustado doutros sitios web

Os artigos deste sitio poden incluír contido incrustado (por exemplo, vídeos, imaxes, artigos, etc.). O contido incrustado doutras web compórtase exactamente da mesma maneira que se o visitante visitase a outra web.

Estas web poden recompilar datos sobre ti, utilizar cookies, incrustar un seguimento adicional de terceiros, e supervisar a túa interacción con ese contido incrustado, incluído o seguimento da súa interacción co contido incrustado se tes unha conta e estás conectado a esa web.

Con quen compartimos os teus datos

Se solicita un restablecemento de contrasinal, a súa dirección IP incluirase no correo electrónico de restablecemento.

Canto tempo conservamos os teus datos

Se deixas un comentario, o comentario e os seus metadatos consérvanse indefinidamente. Isto é para que podamos recoñecer e aprobar comentarios sucesivos automaticamente en lugar de mantelos nunha cola de moderación

Dos usuarios que se rexistran na nosa web (se os hai), tamén almacenamos a información persoal que proporcionan no seu perfil de usuario. Todos os usuarios poden ver, editar ou eliminar a súa información persoal en calquera momento (agás que non poden cambiar o seu nome de usuario). Os administradores da web tamén poden ver e editar esa información.

Que dereitos tes sobre os teus datos

Se tes unha conta ou deixaches comentarios nesta web, podes solicitar recibir un arquivo de exportación dos datos persoais que temos sobre ti, incluíndo calquera dato que nos proporcionaras. Tamén podes solicitar que eliminemos calquera dato persoal que teñamos sobre ti. Isto non inclúe ningún dato que esteamos obrigados a conservar con fins administrativos, legais ou de seguridade.

Onde se envían os teus datos

Os comentarios dos visitantes poida que os revise un servizo de detección automática de spam.

Save settings
Cookies settings