Manifesto abolicionista 8 marzo 2025

O pasado 8 de marzo unímonos as asociacións Redeiras, PFRG, Somos Elas Vigo, Rede de Mulleres contra os malos tratos de Vigo e As Silveiras nunha concentración ás 12 do mediodía en Vigo. Este é o manifesto conxunto que se leu.


Hoxe, 8 de marzo día da muller traballadora as abolicionistas mobilizámonos en toda Galicia e alzamos a nosa voz contra todas as formas de opresión e violencia que sofren millóns de mulleres e nenas en todo o mundo. A forma máis extrema desa violencia son son asasinatos das mulleres, os feminicidios. Mátannos por ser mulleres e deixan ás crianzas sen as súas nais.

Nun sistema capitalista que mercantiliza os nosos corpos, rexeitamos a falsa idea de que a explotación sexual e reprodutiva é unha elección libre e apoderante.

A EXPLOTACIÓN DOS NOSOS CORPOS NON É APODERANTE!

A prostitución, a pornografía, a venda de contido de carácter sexual mediante plataformas dixitais, a comercialización de óvulos e os ventres de alugueiro non son traballo.

  • A prostitución perpetúa a violencia extrema contra as mulleres, someténdoas a explotacións brutais que benefician aos proxenetas e putañeiros.
  • A pornografía normaliza e promove a agresión sexual, a humillación e a degradación da muller, converténdoa en obxecto de consumo.
  • A venda de contido sexual en plataformas dixitais como OnlyFans non é unha alternativa laboral digna, senón unha forma máis de precarización disfrazada de independencia, onde as mulleres máis novas, son empurradas á prácticas cada vez máis denigrantes para sobrevivir.
  • A comercialización de óvulos expón as mulleres a riscos graves para a súa saúde, mentres que os ventres de alugueiro desposúen ás nais da súa maternidade e converten aos bebés en produtos adquiribles, perpetuando a desigualdade e favorecendo o tráfico de persoas.

O capitalismo normaliza estas prácticas, ofrecéndoas como unha saída para mozas afogadas pola precariedade e o aumento do custo da vida. Pero non hai liberdade nunha elección marcada pola necesidade e a falta de alternativas.

QUERÉMONOS LIBRES!

O feminismo abolicionista defende que os nosos corpos non son mercadoría. Loitamos por un mundo onde as mulleres non sexan reducidas a obxectos de consumo, senón suxeitos de dereitos, con acceso a traballo digno, independencia económica e vidas libres de violencia.

Non aceptamos que a miseria se disfrace de liberdade nin que se nos diga que vender os nosos corpos é unha opción máis no mercado laboral.

A explotación sexual e reprodutiva non pode ser normalizada nin regulamentada, senón erradicada. Esiximos políticas que garantan salarios dignos, acceso á educación, vivenda e seguridade para que ningunha muller se vexa forzada a mercantilizar o seu corpo para sobrevivir. Queremos medidas reais contra a trata, o proxenetismo e todas as industrias que se lucran coa desigualdade e a violencia de xénero.

Neste día, reiteramos que a nosa dignidade non se vende nin se aluga. O feminismo e a loita que dirixe ás mulleres cara a consecución dos dereitos que continuamente son desprezados en todo o mundo. Aquilo que lexitime a explotación dos nosos corpos non é feminismo e traballa en convivencia co mercado e o patriarcado para entregar a máis nenas e mulleres a ese monstro sen límite que nos violenta e nos degrada.

Pola abolición da prostitución, da pornografía e de todas as formas de violencia contra as mulleres. Polo dereito de todas as nenas e mulleres a ter vidas dignas libres de violencia explotación.

Berramos e continuaremos berrando pola abolición do sistema patriarcal.

SEN ABOLICIÓN, NON HAI LIBERACIÓN!

O feminismo ten como obxectivo a liberación das mulleres como clase oprimida, e para conseguilo é imprescindible rachar coa estrutura do xénero. O xénero é unha ferramenta de opresión que impón normas e roles baseados no sexo para manter a subordinación das mulleres. Non é unha identidade escollida individualmente, senón unha estrutura imposta socialmente, que limita as nosas vidas e perpetúa a desigualdade. A nosa loita é material e política, non unha cuestión de identidade subxectiva.

A ideoloxía queer, ao resignificar o xénero como unha identidade individual, borra a análise material da opresión das mulleres e dificulta a defensa dos nosos dereitos baseados no sexo, exactamente igual que fai a ultradereita negacionista. Isto non só desvía o foco da loita feminista, senón que tamén inutiliza as políticas que buscan garantir os nosos dereitos sexuais e reprodutivos, protexernos da violencia ou asegurar a nosa participación en espazos propios.
A abolición do xénero é imprescindible para acadar a igualdade real. Só rompendo co mandato de xénero poderemos vivir plenamente, sen as limitacións que o patriarcado nos impón por razón do noso sexo.

O FEMINISMO É ABOLICIONISTA


Grazas a todas as que vos achegastes reivindicando, máis unha vez, os dereitos das mulleres e a fin da explotación.


Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Usamos cookies para personalizar contido, ofrecer funcións de redes sociais e analizar o noso tráfico. Non compartimos información sobre o seu uso do noso sitio. View more
Cookies settings
Accept
Decline
Privacy & Cookie policy
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Quen somos

Somos unha asociación de mulleres feministas unidas para estender o pensamento e a acción feminista na sociedade, promovendo e apoiando aquelas iniciativas políticas dirixidas a acadar unha sociedade máis xusta e libre de violencias machistas.

Comentarios

Cando as e os visitantes deixan comentarios na web, recompilamos os datos que se mostran no formulario de comentarios, así como a dirección IP do visitante e a cadea de axentes de usuario do navegador para axudar á detección de spam.

Unha cadea anónima creada a partir da túa dirección de correo electrónico (tamén chamada hash) pode ser proporcionada ao servizo de Gravatar para ver se a estás usando. A política de privacidade do servizo Gravatar está dispoñible aquí: https://automattic.com/privacy/. Despois da aprobación do teu comentario, a imaxe do teu perfil é visible para o público no contexto do seu comentario.

Multimedia

Se es unha persoa rexistrada e cargas imaxes á web, debes evitar cargar imaxes con datos de localización GPS EXIF incluídos. Os visitantes da web poden descargar e extraer calquera dato de localización das imaxes da web.

Cookies

Se deixas un comentario no noso sitio podes elixir gardar o teu nome, dirección de correo electrónico e web en cookies. Isto é para a túa comodidade, para que non teñas que volver encher os teus datos cando deixes outro comentario. Estas cookies terán unha duración dun ano.

Se tes unha conta e conéctaste a este sitio, instalaremos unha cookie temporal para determinar se o teu navegador acepta cookies. Esta cookie non contén datos persoais e elimínase ao pechar o navegador.

Cando inicias sesión, tamén instalaremos varias cookies para gardar a túa información de inicio de sesión e as túas opcións de visualización de pantalla. As cookies de inicio de sesión duran dous días, e as cookies de opcións de pantalla duran un ano. Se seleccionas "Lembrarme", o teu inicio de sesión perdurará durante dúas semanas. Se saes da túa conta, as cookies de inicio de sesión eliminaranse.

Se editas ou publicas un artigo, gardarase unha cookie adicional no teu navegador. Esta cookie non inclúe datos persoais e simplemente indica o ID do artigo que acabas de editar. Expira despois de 1 día.

Contido incrustado doutros sitios web

Os artigos deste sitio poden incluír contido incrustado (por exemplo, vídeos, imaxes, artigos, etc.). O contido incrustado doutras web compórtase exactamente da mesma maneira que se o visitante visitase a outra web.

Estas web poden recompilar datos sobre ti, utilizar cookies, incrustar un seguimento adicional de terceiros, e supervisar a túa interacción con ese contido incrustado, incluído o seguimento da súa interacción co contido incrustado se tes unha conta e estás conectado a esa web.

Con quen compartimos os teus datos

Se solicita un restablecemento de contrasinal, a súa dirección IP incluirase no correo electrónico de restablecemento.

Canto tempo conservamos os teus datos

Se deixas un comentario, o comentario e os seus metadatos consérvanse indefinidamente. Isto é para que podamos recoñecer e aprobar comentarios sucesivos automaticamente en lugar de mantelos nunha cola de moderación

Dos usuarios que se rexistran na nosa web (se os hai), tamén almacenamos a información persoal que proporcionan no seu perfil de usuario. Todos os usuarios poden ver, editar ou eliminar a súa información persoal en calquera momento (agás que non poden cambiar o seu nome de usuario). Os administradores da web tamén poden ver e editar esa información.

Que dereitos tes sobre os teus datos

Se tes unha conta ou deixaches comentarios nesta web, podes solicitar recibir un arquivo de exportación dos datos persoais que temos sobre ti, incluíndo calquera dato que nos proporcionaras. Tamén podes solicitar que eliminemos calquera dato persoal que teñamos sobre ti. Isto non inclúe ningún dato que esteamos obrigados a conservar con fins administrativos, legais ou de seguridade.

Onde se envían os teus datos

Os comentarios dos visitantes poida que os revise un servizo de detección automática de spam.

Save settings
Cookies settings