O amor romántico: a trampa do patriarcado

O amor foi o opio das mulleres, como a relixión o das masas.
Mentres nós amabamos, os homes gobernaban.

Kate Millett

Chega febreiro e, un ano máis, os escaparates, a publicidade e as plataformas de contidos audiovisuais énchense de corazóns vermellos e mensaxes edulcoradas. Xa está aquí outra vez San Valentín, a celebración intensiva do amor romántico. Mais nós, que vemos o mundo a través das lentes violetas do feminismo, sabemos que non é todo tan bonito como nolo presentan.

O amor romántico, tal como o coñecemos, non é unha experiencia universal nin atemporal, senón unha construción cultural que foi moldeada polas estruturas do patriarcado e do capitalismo. Desde a literatura medieval ata as comedias románticas de Hollywood, promoveuse unha visión do amor baseada na idealización, na dependencia e no sacrificio, especialmente das mulleres. Esta narrativa funcionou como un mecanismo de control social, fomentando a idea de que a felicidade feminina só se pode acadar a través da parella e relegando outras formas de realización persoal.

Desde ben pequenas, recibimos mensaxes sobre o amor, o matrimonio e a maternidade. Os adultos bromean con nós sobre quen é o noso mozo, pregúntannos con quen queremos casar cando medremos… Instrúesenos, desde o nacemento, en que o noso principal obxectivo na vida debe ser atopar unha “alma xemelga” (masculina, por suposto) á que coidar e coa que vivir felices para sempre. Os contos infantís reforzan esta mensaxe cos seus relatos de princesas en apuros rescatadas por príncipes protectores.

Hai séculos, as mulleres eran controladas a través da economía; estaban obrigadas a ser economicamente dependentes do patriarca: primeiro o pai, despois o marido. Esta forma de control segue existindo, pero na sociedade contemporánea precisa dun reforzo sólido, dado que cada vez máis mulleres poden gañar un salario digno grazas á súa propia formación, educación e habilidades.

Ese reforzo son os mitos románticos. A idea de que hai un home aí fóra para cada unha de nós, que nos amará, protexerá e coidará para sempre. Como acontecía na infancia cos contos de fadas, recibimos constantes reforzos desta mensaxe a través dos diferentes produtos culturais que consumimos: revistas, cancións, películas… Todas nos devolven a imaxe de relacións heterosexuais felices e exitosas. Nas raras ocasións en que isto non sucede, déixase claro que son excepcións, non a norma.

No patriarcado, o amor romántico serve para xustificar a división desigual do traballo na parella: mentres os homes son incentivados á autosuficiencia e ao éxito profesional, as mulleres son educadas para investir tempo e esforzo no coidado emocional e doméstico dos seus compañeiros. A frase de Kate Millett que escollemos de epígrafe para este artigo resume á perfección como a exaltación do amor feminino serviu historicamente para manter ás mulleres distraídas das estruturas de opresión que lles impedían acceder ao poder e á liberdade real.

Non esquezamos que, ademais, este concepto patriarcal do amor está sustentado nunha serie de mitos, naturalizados a través da cultura, que con moita frecuencia levan as mulleres a soportar situacións de violencia no seo da parella: mitos como “quen ben te quere farate chorar”, “se non hai ciúmes non é amor”, “o amor todo o pode” favorecen a tolerancia de relacións de control, posesión e maltrato que se poden mesmo chegar a ver como manifestacións normais de amor.

Ademais, o capitalismo converteu o amor nun motor de consumo, mercantilizando as relacións a través da industria das vodas, do Día de San Valentín ou das aplicacións de citas. O amor xa non é só un sentimento, senón un produto que se debe demostrar con agasallos, ceas e experiencias custosas. Mesmo o concepto de “alma xemelga” foi explotado pola cultura de masas para xerar expectativas inalcanzables que manteñen as persoas nunha constante procura da parella “perfecta”.

Nestes últimos anos, podemos observar un reforzo do mito patriarcal do amor romántico con dúas vertentes moi preocupantes. Por unha banda, volveron con forza as narrativas de princesas e príncipes azuis e os estudos indican que as xeracións máis novas teñen dificultades para identificar como violencia os comportamentos de control nunha relación de parella. Por outra banda, o fenómeno das tradwives, ou esposas tradicionais, vinculado ao avance da ultradereita global e impulsado nas redes sociais por influencers que seguramente nas súas vidas privadas están moi lonxe dese modelo, promove unha volta a estereotipos de xénero rancios, máis propios da Sección Feminina que do século XXI. Nun momento histórico de empobrecemento da clase traballadora en todo o mundo, co desmantelamento do estado do benestar, este reforzo do amor romántico está deseñado para facer máis tolerable o obrigado regreso ao fogar e a conseguinte dependencia económica que están sufrindo cada vez máis mulleres.

Aplicar a perspectiva feminista ao amor romántico pon en evidencia como, ao longo da historia, o amor foi representado como o eixe central da felicidade e a realización persoal feminina, mediante a perpetuación de estereotipos de xénero que reforzan a desigualdade estrutural, a subordinación das mulleres e a violencia machista. Desafiar o amor romántico desde unha perspectiva feminista e anticapitalista implica recoñecelo como un relato que pode ser transformado para construír outros modelos de relacións baseadas na autonomía, no respecto mutuo e na equidade.


Artigo publicado en Nova Peneira o 19 de febreiro de 2025


Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Usamos cookies para personalizar contido, ofrecer funcións de redes sociais e analizar o noso tráfico. Non compartimos información sobre o seu uso do noso sitio. View more
Cookies settings
Accept
Decline
Privacy & Cookie policy
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Quen somos

Somos unha asociación de mulleres feministas unidas para estender o pensamento e a acción feminista na sociedade, promovendo e apoiando aquelas iniciativas políticas dirixidas a acadar unha sociedade máis xusta e libre de violencias machistas.

Comentarios

Cando as e os visitantes deixan comentarios na web, recompilamos os datos que se mostran no formulario de comentarios, así como a dirección IP do visitante e a cadea de axentes de usuario do navegador para axudar á detección de spam.

Unha cadea anónima creada a partir da túa dirección de correo electrónico (tamén chamada hash) pode ser proporcionada ao servizo de Gravatar para ver se a estás usando. A política de privacidade do servizo Gravatar está dispoñible aquí: https://automattic.com/privacy/. Despois da aprobación do teu comentario, a imaxe do teu perfil é visible para o público no contexto do seu comentario.

Multimedia

Se es unha persoa rexistrada e cargas imaxes á web, debes evitar cargar imaxes con datos de localización GPS EXIF incluídos. Os visitantes da web poden descargar e extraer calquera dato de localización das imaxes da web.

Cookies

Se deixas un comentario no noso sitio podes elixir gardar o teu nome, dirección de correo electrónico e web en cookies. Isto é para a túa comodidade, para que non teñas que volver encher os teus datos cando deixes outro comentario. Estas cookies terán unha duración dun ano.

Se tes unha conta e conéctaste a este sitio, instalaremos unha cookie temporal para determinar se o teu navegador acepta cookies. Esta cookie non contén datos persoais e elimínase ao pechar o navegador.

Cando inicias sesión, tamén instalaremos varias cookies para gardar a túa información de inicio de sesión e as túas opcións de visualización de pantalla. As cookies de inicio de sesión duran dous días, e as cookies de opcións de pantalla duran un ano. Se seleccionas "Lembrarme", o teu inicio de sesión perdurará durante dúas semanas. Se saes da túa conta, as cookies de inicio de sesión eliminaranse.

Se editas ou publicas un artigo, gardarase unha cookie adicional no teu navegador. Esta cookie non inclúe datos persoais e simplemente indica o ID do artigo que acabas de editar. Expira despois de 1 día.

Contido incrustado doutros sitios web

Os artigos deste sitio poden incluír contido incrustado (por exemplo, vídeos, imaxes, artigos, etc.). O contido incrustado doutras web compórtase exactamente da mesma maneira que se o visitante visitase a outra web.

Estas web poden recompilar datos sobre ti, utilizar cookies, incrustar un seguimento adicional de terceiros, e supervisar a túa interacción con ese contido incrustado, incluído o seguimento da súa interacción co contido incrustado se tes unha conta e estás conectado a esa web.

Con quen compartimos os teus datos

Se solicita un restablecemento de contrasinal, a súa dirección IP incluirase no correo electrónico de restablecemento.

Canto tempo conservamos os teus datos

Se deixas un comentario, o comentario e os seus metadatos consérvanse indefinidamente. Isto é para que podamos recoñecer e aprobar comentarios sucesivos automaticamente en lugar de mantelos nunha cola de moderación

Dos usuarios que se rexistran na nosa web (se os hai), tamén almacenamos a información persoal que proporcionan no seu perfil de usuario. Todos os usuarios poden ver, editar ou eliminar a súa información persoal en calquera momento (agás que non poden cambiar o seu nome de usuario). Os administradores da web tamén poden ver e editar esa información.

Que dereitos tes sobre os teus datos

Se tes unha conta ou deixaches comentarios nesta web, podes solicitar recibir un arquivo de exportación dos datos persoais que temos sobre ti, incluíndo calquera dato que nos proporcionaras. Tamén podes solicitar que eliminemos calquera dato persoal que teñamos sobre ti. Isto non inclúe ningún dato que esteamos obrigados a conservar con fins administrativos, legais ou de seguridade.

Onde se envían os teus datos

Os comentarios dos visitantes poida que os revise un servizo de detección automática de spam.

Save settings
Cookies settings