Desmontando as falacias que sosteñen a industria prostitucional

O sistema prostitucional ten moito interese en demostrar que as ordenanzas abolicionistas non só son ineficaces para abolir a prostitución, senón que ademais estigmatizan e prexudican ás mulleres prostituídas. O lobby da prostitución é poderoso e multimillonario e non está disposto a ceder o seu frutífero negocio.

Outros sectores —de dereita a esquerda— advirten de que as únicas prexudicadas por estas ordenanzas son as mulleres prostituídas. Non é dificil atopar na prensa “progre”, por exemplo, sesudos artigos de opinión nos que se defende con vehemencia este xeito de violencia extrema que eles teiman en denominar o oficio máis antigo do mundo, mais que, en realidade, é a opresión máis antiga do mundo.

Primeira falacia: “As ordenanzas abolicionistas resultan ineficaces” 

Certamente, o máis eficaz sería unha Lei Orgánica Abolicionista da Prostitución, pero mentres esta non chega podemos ir abrindo camiño.

Sabemos que as ordenanzas non van erradicar a prostitución dun día para outro, nin tampouco dun ano para outro. Nin tan sequera o faría a propia Lei. Son moitos séculos de normalización dunha práctica tan abominable como consensuada e asumida. Porén, todas as normas teñen unha función educadora e orientadora: orientan ao conxunto da sociedade sobre que condutas merecen reprobación, tanto social como penal. 

Por suposto, as normas non funcionan cando non existe a vontade política para que funcionen e cando hai quen intenta todo o posible precisamente para que non funcionen. Non é difícil: tan só hai que obviar o que se aproba. 

As normas non resultan eficaces cando se limitan a perseguir porque, no relativo á prostitución, do que se trata é de abolir. Por iso é preciso que estas normas integren campañas de sensibilización, de formación, de prohibición da publicidade que promova a prostitución, da publicidade que promova o mal chamado turismo sexual. Mais, sobre todo, as normas deben incluír un plan integral que permita ás mulleres prostituídas accederen a recursos e servizos que lles posibiliten saír do sistema prostitucional.

Quen considera que as ordenanzas abolicionistas son ineficaces descoñece (ou esquece deliberadamente) as iniciativas integrais que as acompañan: plans de acción social, formación, acceso a recursos habitacionais, axudas económicas e programas de inserción laboral. 

Por suposto, para levar a cabo estas iniciativas, precísase unha dotación económica suficiente, parte da cal ben podía provir das sancións do recadado a proxenetas e putañeiros.

Segunda falacia: “Son normas represivas que penalizan as mulleres prostituídas”

Quen se opón ás ordenanzas abolicionistas pon moito empeño en asimilalas coas prohibicionistas, que castigan tanto a proxenetas e putañeiros coma as mulleres prostituídas. Isto é rotundamente falso: as ordenanzas abolicionistas non buscan penalizar ás vítimas, senón recoñecer a súa situación de vulnerabilidade. Un dos eixos vertebradores do abolicionismo é ofrecer apoio integral —económico, social, sanitario e formativo— ás mulleres en situación de prostitución, ao tempo que se persegue e sanciona a proxenetas e putañeiros. Lonxe de procurar sancionar ás vítimas, a ordenanza abolicionista é unha ferramenta que as asiste e protexe, ofrécendolles unha saída.

Terceira falacia: “Xeran clandestinidade e maior inseguridade”

Outro argumento recorrente é que, ao sancionar a proxenetas e putañeiros, a prostitución vaise ocultar, invisibilizar e volverse máis perigosa. 

Cómpre subliñar que a clandestinidade xa é inherente á explotación sexual. A maior parte desta industria opera en espazos opacos, a miúdo controlados por redes criminais. 

Ningunha muller prostituída está segura en ningún lugar do mundo. Para elas non existe no mundo un espazo seguro. A súa vida está en perigo nun bordel, nun polígono ou no cuarto de calquera hotel de luxo. Están nas mans tanto do proxeneta coma do putañeiro. Non coñecemos a cifra de mulleres asasinadas no contexto da prostitución ou o número de mulleres mortas por doenzas derivadas da explotación sexual e as condicións infrahumanas ás que se ven sometidas. Son mortas e enfermas invisibles. 

Os únicos que están seguros son os proxenetas e os putañeiros, que poden exercer violencia sobre as mulleres con total impunidade. 

As ordenanzas abolicionistas non contemplan o desprazamento da prostitución a lugares apartados da cidade nin impulsan a clandestinidade. Pola contra, combátena. Precisamente, prevén maiores sancións ao putañeiro e ao proxeneta cando se produce en lugares que impliquen unha maior vulnerabilidade para a muller prostituída, reforzando a acción policial contra quen se lucra desta violencia.

Cuarta falacia: “Non respectan ás ‘traballadoras sexuais’ que elixen a prostitución”

Por que ese empeño en usar o termo “traballadoras sexuais”? Pois porque é o xeito máis eficaz de enmascarar a violencia estrutural do sistema prostitucional. Cando se fala de “traballo”, estase a normalizar unha relación desigual na que un “cliente”, case sempre un home, adquire o acceso ao corpo dunha muller. Isto non ten a neutralidade nin a simetría que caracterizan as relacións laborais dignas.

A meirande parte das mulleres prostituídas proceden de contextos marcados pola pobreza, a exclusión, a migración forzada ou a violencia machista. Non “elixen” a prostitución, senón que se ven abocadas a ela pola necesidade. As ordenanzas abolicionistas, ao situaren a prostitución como xeito de violencia machista, recoñecen esta realidade e propóñense desmantelar as condicións que a perpetúan. O verdadeiro respecto ás mulleres pasa por garantirlles vidas libres de explotación, non por normalizar a súa venda.

Quinta falacia: “Restrinxen as liberdades individuais”

A suposta “liberdade” na que se amparan os defensores do mercado sexual é unha trampa discursiva. A prostitución non se produce nun marco de igualdade, senón de desigualdade extrema entre quen paga e quen necesita ese diñeiro para sobrevivir. Calquera exercicio da “liberdade” que implique o uso do corpo doutra persoa como mercadoría constrúese sobre a falta de opcións reais. 

As ordenanzas abolicionistas, lonxe de atentar contra a liberdade das mulleres, buscan garantir as condicións necesarias para que as mulleres exerzan unha auténtica liberdade: a de non vérense abocadas á explotación sexual por razóns económicas ou sociais, ou pola coacción de terceiros.

Outra variante desta falacia é que “as mulleres teñen dereito a facer co seu corpo o que queiran”. Deberiamos fuxir dese debate interesado porque a cuestión non é que as mulleres teñan ou non dereito a venderse. Non existe tal dereito. A cuestión e se existen persoas que teñan dereito a mercar outras persoas. Teñen os homes dereito a mercaren mulleres para uso sexual ou reprodutivo?

En todo caso, o dereito que temos as mulleres, todas as mulleres, é a gozarmos dunha sexualidade voluntaria e desexada que sexa pracenteira, libre de violencia e en condicións de non subordinación.

Sexta falacia: “Os concellos non teñen competencias para lexislar sobre o tema”

Aínda que a lexislación estatal é fundamental, as administracións locais contan con competencias en materia de seguridade cidadá, orde pública, saúde e benestar social. Estas competencias permítenlles aos municipios aprobar ordenanzas que se enmarquen nunha estratexia abolicionista máis ampla. 

De feito, o Parlamento Europeo instou aos Estados membros a adoptaren medidas encamiñadas á abolición da prostitución, incluído o fomento de medidas normativas locais que reforcen o rexeitamento ao proxenetismo e á demanda de prostitución.

Por outra banda, os concellos si poden revocar as licenzas para os locais nos que se exerce a prostitución cando esa licenza foi solicitada para outra actividade. 

Nas rúas de moitas cidades as mulleres son expostas para a súa venda, algo que os concellos non poden permitir. 

En conclusión 

Lonxe de ser unha utopía, a abolición da prostitución é un obxectivo factible se se combina con políticas públicas que ofrezan alternativas ás mulleres e penalicen a demanda. Experiencias noutros países, con normativas similares, mostran que cando se desalenta a figura do putañeiro e se proporcionan itinerarios de saída para as vítimas, o fenómeno diminúe.

Hai quen insiste en desacreditar con informes interesados a política abolicionista de Suecia ou Francia, pero o certo é que hoxe en Suecia a figura do putañeiro merece a reprobación tanto penal coma social e a mocidade ve a prostitución coma unha práctica allea a ela.

As ordenanzas son unha resposta política valente e coherente diante dunha práctica violenta que vulnera sistematicamente os dereitos fundamentais das mulleres. O seu obxectivo é desactivar a demanda, perseguir o lucro dos explotadores e proxenetas e ofrecer ás mulleres un horizonte de dignidade, seguridade e liberdade. A tarefa non é sinxela, pero desmantelar as falacias que sosteñen a industria prostitucional é un primeiro paso para avanzarmos cara a unha sociedade que non tolere a violencia nin a explotación sexual.


Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Usamos cookies para personalizar contido, ofrecer funcións de redes sociais e analizar o noso tráfico. Non compartimos información sobre o seu uso do noso sitio. View more
Cookies settings
Accept
Decline
Privacy & Cookie policy
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Quen somos

Somos unha asociación de mulleres feministas unidas para estender o pensamento e a acción feminista na sociedade, promovendo e apoiando aquelas iniciativas políticas dirixidas a acadar unha sociedade máis xusta e libre de violencias machistas.

Comentarios

Cando as e os visitantes deixan comentarios na web, recompilamos os datos que se mostran no formulario de comentarios, así como a dirección IP do visitante e a cadea de axentes de usuario do navegador para axudar á detección de spam.

Unha cadea anónima creada a partir da túa dirección de correo electrónico (tamén chamada hash) pode ser proporcionada ao servizo de Gravatar para ver se a estás usando. A política de privacidade do servizo Gravatar está dispoñible aquí: https://automattic.com/privacy/. Despois da aprobación do teu comentario, a imaxe do teu perfil é visible para o público no contexto do seu comentario.

Multimedia

Se es unha persoa rexistrada e cargas imaxes á web, debes evitar cargar imaxes con datos de localización GPS EXIF incluídos. Os visitantes da web poden descargar e extraer calquera dato de localización das imaxes da web.

Cookies

Se deixas un comentario no noso sitio podes elixir gardar o teu nome, dirección de correo electrónico e web en cookies. Isto é para a túa comodidade, para que non teñas que volver encher os teus datos cando deixes outro comentario. Estas cookies terán unha duración dun ano.

Se tes unha conta e conéctaste a este sitio, instalaremos unha cookie temporal para determinar se o teu navegador acepta cookies. Esta cookie non contén datos persoais e elimínase ao pechar o navegador.

Cando inicias sesión, tamén instalaremos varias cookies para gardar a túa información de inicio de sesión e as túas opcións de visualización de pantalla. As cookies de inicio de sesión duran dous días, e as cookies de opcións de pantalla duran un ano. Se seleccionas "Lembrarme", o teu inicio de sesión perdurará durante dúas semanas. Se saes da túa conta, as cookies de inicio de sesión eliminaranse.

Se editas ou publicas un artigo, gardarase unha cookie adicional no teu navegador. Esta cookie non inclúe datos persoais e simplemente indica o ID do artigo que acabas de editar. Expira despois de 1 día.

Contido incrustado doutros sitios web

Os artigos deste sitio poden incluír contido incrustado (por exemplo, vídeos, imaxes, artigos, etc.). O contido incrustado doutras web compórtase exactamente da mesma maneira que se o visitante visitase a outra web.

Estas web poden recompilar datos sobre ti, utilizar cookies, incrustar un seguimento adicional de terceiros, e supervisar a túa interacción con ese contido incrustado, incluído o seguimento da súa interacción co contido incrustado se tes unha conta e estás conectado a esa web.

Con quen compartimos os teus datos

Se solicita un restablecemento de contrasinal, a súa dirección IP incluirase no correo electrónico de restablecemento.

Canto tempo conservamos os teus datos

Se deixas un comentario, o comentario e os seus metadatos consérvanse indefinidamente. Isto é para que podamos recoñecer e aprobar comentarios sucesivos automaticamente en lugar de mantelos nunha cola de moderación

Dos usuarios que se rexistran na nosa web (se os hai), tamén almacenamos a información persoal que proporcionan no seu perfil de usuario. Todos os usuarios poden ver, editar ou eliminar a súa información persoal en calquera momento (agás que non poden cambiar o seu nome de usuario). Os administradores da web tamén poden ver e editar esa información.

Que dereitos tes sobre os teus datos

Se tes unha conta ou deixaches comentarios nesta web, podes solicitar recibir un arquivo de exportación dos datos persoais que temos sobre ti, incluíndo calquera dato que nos proporcionaras. Tamén podes solicitar que eliminemos calquera dato persoal que teñamos sobre ti. Isto non inclúe ningún dato que esteamos obrigados a conservar con fins administrativos, legais ou de seguridade.

Onde se envían os teus datos

Os comentarios dos visitantes poida que os revise un servizo de detección automática de spam.

Save settings
Cookies settings