As ordenanzas abolicionistas: unha débeda pendente coa dignidade das mulleres

Ningunha muller nace para puta. Agás no imaxinario patriarcal, no que todas as mulleres somos potencialmente putas. Todas, independentemente da nosa idade, raza, clase, etc., podemos ser prostituídas. Para o patriarcado somos un produto. Un produto que proporciona beneficios millonarios. 

Teñen os homes o dereito a mercaren outras persoas? Teñen os homes o dereito a accederen aos corpos das mulleres por prezo? A única resposta posible é a raíz do abolicionismo.

Ao longo da historia do feminismo –máis de trescentos anos– non houbo unha soa feminista que non estivese a favor da abolición da prostitución. Ningunha que defendese a prostitución como unha alternativa a unha vida de penurias económicas. Pola contra, o seu obxectivo sempre foi desmantelar as condicións que perpetúan a explotación sexual das mulleres. 

Infelizmente, o Estado español non é un estado abolicionista. A Plataforma pola Abolición da Prostitución (PAP) elaborou unha Lei Orgánica da Prostitución, coa participación de expertas en distintas disciplinas –xurídica, social, da saúde– e tamén das propias superviventes. Esta proposta presentouse aos diferentes gobernos, mais descansa esquecida nos caixóns ministeriais.

A prostitución é un dos xeitos de violencia máis abominable contra as mulleres e un dos maiores atentados contra os dereitos humanos recoñecidos internacionalmente. Por este motivo, a abolición do sistema prostitucional debería estar na axenda política de todos os gobernos e de todas as administracións públicas. E así o recomenda o Parlamento Europeo na súa resolución do 14 de setembro de 2023 sobre prostitución, en que fixa unha postura abolicionista que castiga tanto ao proxeneta como ao cliente e recoñece que a prostitución é un xeito de violencia contra as mulleres. Ademais, recomenda que os Estados membros deben avaliar as normas vixentes para evitar calquera lagoa que permita aos delincuentes actuar con impunidade, mentres que a Comisión debe elaborar directrices comúns da UE que garantan os dereitos fundamentais das persoas que exercen a prostitución.

Diciamos que no Estado español non hai ningunha lei abolicionista en vigor, pero as administracións locais, á espera desa lei estatal, poden elaborar, como recomenda o Parlamento Europeo, instrumentos encamiñados á abolición da prostitución. Un deses instrumentos son as ordenanzas abolicionistas, que supoñen un cambio de paradigma na loita contra a explotación sexual, xa que van moito máis alá de perseguir a proxenetas e putañeiros. 

En que consiste unha ordenanza abolicionista?

Unha ordenanza abolicionista é unha acción política que ten como finalidade promover nos concellos, dentro das competencias municipais, a erradicación da prostitución e outros xeitos de explotación sexual. O seu contido xira arredor de tres eixos:

1º- O recoñecemento das mulleres prostituídas como vítimas de violencia machista e, por ende, da prostitución como un xeito de violencia machista.

2º- A elaboración dun plan de acción integral que conteña medidas para que as mulleres prostituídas poidan acceder a recursos e servizos que lles permitan abandonar o sistema prostituciónal e lles proporcionen apoio económico, social (servizos de saúde física e psíquica), formativo e laboral.  

3º- A persecución e sanción dos proxenetas e dos putañeiros. A prostitución existe porque existen os putañeiros; polo tanto, os putañeiros non poden saír impunes.

Cómpre distinguir as ordenanzas abolicionistas das prohibicionistas:

As ordenanzas prohibicionistas abordan a prostitución como unha cuestión de orde pública e de civismo. Sancionan todos os elementos que conforman o negocio da prostitución: mulleres prostituídas, proxenetas e putañeiros. 

As ordenanzas abolicionistas abordan a prostitución como un fenómeno que vulnera os dereitos fundamentais e as liberdades das mulleres prostituídas. A muller en situación de prostitución é unha vítima do sistema prostitucional sustentado polo patriarcado e, polo tanto, débenselle restituír os dereitos fundamentais que coma persoa lle corresponden.

Nos últimos anos incrementouse gradualmente o número de municipios que van incorporando ordenanzas abolicionistas. Albal (Valencia) foi o primeiro municipio en sancionar aos putañeiros; despois foron Sevilla, León, Aspe e Calp, estes dous últimos tamén en Valencia. Os resultados da aplicación destas ordenanzas son diversos, xa que fronte a elas se despregaron un conxunto de falacias que sosteñen a industria prostitucional, como examinamos no noso seguinte artigo (ler aquí).

Os concellos poden e deben activar medidas concretas que recoñezan as mulleres prostituídas como vítimas, que garantan o seu acceso a recursos de saída da prostitución e que sancionen a quen se lucra ou se beneficia da explotación sexual. Mais, para que estas normas teñan efectividade real, precísase que as respalde unha cidadanía informada, activa e comprometida. 

A pasividade convértenos en cómplices. A nosoutras e ao resto da cidadanía tócanos escoitar ás mulleres sobreviventes e ás organizacións abolicionistas e tamén presionar para que esas ordenanzas sexan unha realidade. Só así construiremos contornas nas que a dignidade das mulleres non sexa unha mercadoría, senón un dereito inalienable.


Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Usamos cookies para personalizar contido, ofrecer funcións de redes sociais e analizar o noso tráfico. Non compartimos información sobre o seu uso do noso sitio. View more
Cookies settings
Accept
Decline
Privacy & Cookie policy
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Quen somos

Somos unha asociación de mulleres feministas unidas para estender o pensamento e a acción feminista na sociedade, promovendo e apoiando aquelas iniciativas políticas dirixidas a acadar unha sociedade máis xusta e libre de violencias machistas.

Comentarios

Cando as e os visitantes deixan comentarios na web, recompilamos os datos que se mostran no formulario de comentarios, así como a dirección IP do visitante e a cadea de axentes de usuario do navegador para axudar á detección de spam.

Unha cadea anónima creada a partir da túa dirección de correo electrónico (tamén chamada hash) pode ser proporcionada ao servizo de Gravatar para ver se a estás usando. A política de privacidade do servizo Gravatar está dispoñible aquí: https://automattic.com/privacy/. Despois da aprobación do teu comentario, a imaxe do teu perfil é visible para o público no contexto do seu comentario.

Multimedia

Se es unha persoa rexistrada e cargas imaxes á web, debes evitar cargar imaxes con datos de localización GPS EXIF incluídos. Os visitantes da web poden descargar e extraer calquera dato de localización das imaxes da web.

Cookies

Se deixas un comentario no noso sitio podes elixir gardar o teu nome, dirección de correo electrónico e web en cookies. Isto é para a túa comodidade, para que non teñas que volver encher os teus datos cando deixes outro comentario. Estas cookies terán unha duración dun ano.

Se tes unha conta e conéctaste a este sitio, instalaremos unha cookie temporal para determinar se o teu navegador acepta cookies. Esta cookie non contén datos persoais e elimínase ao pechar o navegador.

Cando inicias sesión, tamén instalaremos varias cookies para gardar a túa información de inicio de sesión e as túas opcións de visualización de pantalla. As cookies de inicio de sesión duran dous días, e as cookies de opcións de pantalla duran un ano. Se seleccionas "Lembrarme", o teu inicio de sesión perdurará durante dúas semanas. Se saes da túa conta, as cookies de inicio de sesión eliminaranse.

Se editas ou publicas un artigo, gardarase unha cookie adicional no teu navegador. Esta cookie non inclúe datos persoais e simplemente indica o ID do artigo que acabas de editar. Expira despois de 1 día.

Contido incrustado doutros sitios web

Os artigos deste sitio poden incluír contido incrustado (por exemplo, vídeos, imaxes, artigos, etc.). O contido incrustado doutras web compórtase exactamente da mesma maneira que se o visitante visitase a outra web.

Estas web poden recompilar datos sobre ti, utilizar cookies, incrustar un seguimento adicional de terceiros, e supervisar a túa interacción con ese contido incrustado, incluído o seguimento da súa interacción co contido incrustado se tes unha conta e estás conectado a esa web.

Con quen compartimos os teus datos

Se solicita un restablecemento de contrasinal, a súa dirección IP incluirase no correo electrónico de restablecemento.

Canto tempo conservamos os teus datos

Se deixas un comentario, o comentario e os seus metadatos consérvanse indefinidamente. Isto é para que podamos recoñecer e aprobar comentarios sucesivos automaticamente en lugar de mantelos nunha cola de moderación

Dos usuarios que se rexistran na nosa web (se os hai), tamén almacenamos a información persoal que proporcionan no seu perfil de usuario. Todos os usuarios poden ver, editar ou eliminar a súa información persoal en calquera momento (agás que non poden cambiar o seu nome de usuario). Os administradores da web tamén poden ver e editar esa información.

Que dereitos tes sobre os teus datos

Se tes unha conta ou deixaches comentarios nesta web, podes solicitar recibir un arquivo de exportación dos datos persoais que temos sobre ti, incluíndo calquera dato que nos proporcionaras. Tamén podes solicitar que eliminemos calquera dato persoal que teñamos sobre ti. Isto non inclúe ningún dato que esteamos obrigados a conservar con fins administrativos, legais ou de seguridade.

Onde se envían os teus datos

Os comentarios dos visitantes poida que os revise un servizo de detección automática de spam.

Save settings
Cookies settings