A prostitución non é feminista

Giving money to prostitute

Nalgún momento das últimas décadas, dende discursos posmodernos que mesmo se autodenominan feministas, intentaron convencernos de que a prostitución se convertera nun traballo coma outro calquera. De por si iso xa é moi grave, pero perde forza ante o que pasou inmediatamente despois. Dixéronnos que as mulleres prostituídas xa non estaban escravizadas senón empoderadas e que a escravitude sexual mesmo era o acto feminista definitivo. A prostitución xa non era un mal menor da sociedade patriarcal, que estaba aí para manter os homes “tranquiliños”, senón que podería mesmo servir para derrubar o patriarcado. E logo chegou o remate final: a prostitución instalouse nos nosos teléfonos a través da pornografía e do OnlyFans. Cando algo se instala no noso teléfono, instálase na nosa casa.

As feministas, as de verdade, temos moi mala fama. Temos tan mala fama que, tamén nalgún momento, se nos comezou a mesturar coa extrema dereita e cos fundamentalistas relixiosos. Estes queren criminalizar a muller prostituída e nós queremos que todas as mulleres poidan levar unha vida digna na que non se vexan reducidas a tal nivel de pobreza que teñan que vender o seu corpo. Estes queren prohibir a prostitución, facendo que florezan a trata, o crime organizado e o estigma; e nós queremos abolir non só os bordeis, senón o sistema prostitucional por completo. O sistema socioeconómico capitalista que bebe da cultura da violación e da misoxinia, que clasifica as mulleres en “privadas” e “públicas”. Un sistema do que a extrema dereita e o fundamentalismo relixioso se nutren máis que ninguén. Estas son as diferenzas e son esenciais e innegociables.

Contra o que din os discursos posmodernos, a prostitución non é empoderante. Decatámonos disto doadamente se traemos á fronte os putañeiros. Hai mulleres en prostitución, apoiadas polo lobby proxeneta, que defenden o “orgullo da puta”, pero todo isto se desmonta se, no canto de preguntarlles a elas como é ser prostituída, lles preguntamos aos putañeiros que se sente consumindo mulleres e crianzas coma se fosen carne. Non adoitan disimular moito e basta con ir a calquera foro co termo “lumi” no título. Aí podemos atopar “clientes” coma os seguintes:

o que ameaza, queixándose de “fotos falsas” e argüíndo que, se elas non teñen “respecto”, eles tampouco o terán;

o que fala das súas experiencias con mulleres específicas e, cando non coñece a unha, laméntase de non tela “catado”;

o que busca compartir prostituta con varios homes máis (evidentemente ela non está presente neses acordos). Algúns buscan violala con ata dezanove homes no cuarto. Chaman a isto “orxía”;

o que recomenda mulleres se son “moi guarras e porcas”, aínda que non sexan “bonitas”;

o que celebra usar a dúas mulleres de idades diferentes porque é como “follarse a nai e a filla ao mesmo tempo”;

o que se queixa de que as “mulleres da rúa” pasasen “a mellor vida”…

Agora podemos facer o exercicio mental de cambiar a muller prostituída por unha profesora de inglés. Algún home a prefire “guarra” ou “porca” ou se queixa de que, ao preparalo para o First, non a catou o suficiente? Alguén querería sequera traballar nunha oficina con estes homes? A prostitución non é un traballo coma calquera outro e, dende logo, non é empoderante.

A prostitución tampouco é un acto feminista, senón que é o acto da dominación patriarcal por excelencia. As mulleres convértense en obxectos, en propiedade literal do home (putañeiro ou chulo), vense obrigadas a competiren entre elas polos cartos e pola atención masculina e esgotan toda a súa enerxía física e emocional en compraceren o varón. Contamos con miles de testemuños de mulleres que estiveron na prostitución. A clave está en non escoitarmos soamente as que continúan dentro do sistema prostitucional, porque estas non poden dicir o que realmente pensan se queren comer ao día seguinte.

As mulleres que lograron saír da prostitución (como tamén sucede coas que saen da pornografía) teñen moito que contar e nada bo. O problema é que estes testemuños son demasiado duros e demasiado reais. Fannos decatar de que son seres humanos aos que vexaron, venderon e escravizaron para compraceren o outro sexo. É demasiado desagradable recoñecermos que son mulleres “coma nós”. E é que Amelia Tiganus non andaba desencamiñada cando dixo que a puta era a outra da outra, a muller máis desempoderada dentro dun sistema, o patriarcal, que de por si desempodera a todas as mulleres. Por iso non se pode defender a regulación da prostitución desde o feminismo e quen a defende non se pode chamar feminista. Cando as feministas berramos o lema de “Se tocan a unha, respondemos todas”, incluímos nel tamén as mulleres que están sendo prostituídas nos pisos ou nos bordeis. Porque o feminismo non vai da miña liberdade individual, senón da liberdade de todas. E, para ser, supostamente, a muller empoderada por excelencia, hai que dicir que a muller prostituída non parece merecer a atención de moitas que, dende discursos posmodernos, se fan chamar feministas.

Xa estabelecemos que a prostitución é escravitude de mulleres e crianzas. Xa estabelecemos que non é traballo e que non é empoderante. Pero, entón, que nos fai pensalo? Que fai que se nos presente como tal na televisión e nas redes sociais? O lobby proxeneta está detrás disto, do mesmo xeito que está detrás das ameazas físicas e de morte que pesan sobre tantas feministas radicais e tantas ex-vítimas de explotación sexual que dan os seus testemuños de maltrato e de violación. Este lobby é un dos máis poderosos do planeta. Teñen os cartos e a influencia para deixar a súa marca nas películas, nos programas de televisión e nas modas estéticas. A través do seu brazo armado, a pornografía (prostitución gravada), glamurizaron a prostitución coma un estilo de vida e unha elección inocua de mulleres independentes e ambiciosas, e vendéronnos esta ideoloxía descaradamente durante as últimas décadas.

Banalízase e idealízase esta escravitude nas nosas fillas menores de idade, nas nosas irmás, mozas, nais e amigas porque, a fin de contas, se deshumanizas a calquera grupo, podes facerlles o que queiras e ninguén entrará en cólera. Ás persoas africanas escravizadas non lles doían as malleiras e as súas terribles condicións de vida porque non eran humanas “coma as demais”; ao pobo xudeu non lle afectaba tanto o maltrato e os traballos forzados porque eran alimañas; ás mulleres e ás crianzas gústalles a prostitución porque non son coma os homes. Un home sentiríase vexado en tal situación, pero elas non. Non entendedes? Resulta que non son seres humanos.

As feministas radicais loitamos pola abolición do sistema prostitucional no seu conxunto. Non queremos prohibir e agochar a cabeza na area e, dende logo, non queremos legalizar un sistema que fará que a trata e a violación de mulleres e crianzas se converta nunha actividade amparada pola lei. Queremos que este sistema que divide as mulleres en “públicas” e “privadas”, en “santas” e “porcas”, desapareza e que todas mulleres do planeta teñan as mesmas oportunidades de faceren os seus propios cartos dunha maneira digna e segura, seguindo a súa vocación e empregando as súas numerosas capacidades. Queremos destruír este sistema que estipula que os homes son mercadores e as mulleres mercadorías para o seu ocio e goce. Só entón a nosa sociedade estará máis preto da igualdade e será máis segura para as mulleres e as crianzas.

Dende As Silveiras proclamamos: Ningunha muller nace para puta!


Tamén che podería gustar...

Non hai respostas

  1. Nuri di:

    Maravilloso artigo. Grazas!

  2. Bea di:

    Un artigo moi ben explicado do q é unha realidade da prostitución, un bo traballo, é moi importante estar sempre falando desta escravitude q sufren millóns de mulleres no mundo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Usamos cookies para personalizar contido, ofrecer funcións de redes sociais e analizar o noso tráfico. Non compartimos información sobre o seu uso do noso sitio. View more
Cookies settings
Accept
Decline
Privacy & Cookie policy
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Quen somos

Somos unha asociación de mulleres feministas unidas para estender o pensamento e a acción feminista na sociedade, promovendo e apoiando aquelas iniciativas políticas dirixidas a acadar unha sociedade máis xusta e libre de violencias machistas.

Comentarios

Cando as e os visitantes deixan comentarios na web, recompilamos os datos que se mostran no formulario de comentarios, así como a dirección IP do visitante e a cadea de axentes de usuario do navegador para axudar á detección de spam.

Unha cadea anónima creada a partir da túa dirección de correo electrónico (tamén chamada hash) pode ser proporcionada ao servizo de Gravatar para ver se a estás usando. A política de privacidade do servizo Gravatar está dispoñible aquí: https://automattic.com/privacy/. Despois da aprobación do teu comentario, a imaxe do teu perfil é visible para o público no contexto do seu comentario.

Multimedia

Se es unha persoa rexistrada e cargas imaxes á web, debes evitar cargar imaxes con datos de localización GPS EXIF incluídos. Os visitantes da web poden descargar e extraer calquera dato de localización das imaxes da web.

Cookies

Se deixas un comentario no noso sitio podes elixir gardar o teu nome, dirección de correo electrónico e web en cookies. Isto é para a túa comodidade, para que non teñas que volver encher os teus datos cando deixes outro comentario. Estas cookies terán unha duración dun ano.

Se tes unha conta e conéctaste a este sitio, instalaremos unha cookie temporal para determinar se o teu navegador acepta cookies. Esta cookie non contén datos persoais e elimínase ao pechar o navegador.

Cando inicias sesión, tamén instalaremos varias cookies para gardar a túa información de inicio de sesión e as túas opcións de visualización de pantalla. As cookies de inicio de sesión duran dous días, e as cookies de opcións de pantalla duran un ano. Se seleccionas "Lembrarme", o teu inicio de sesión perdurará durante dúas semanas. Se saes da túa conta, as cookies de inicio de sesión eliminaranse.

Se editas ou publicas un artigo, gardarase unha cookie adicional no teu navegador. Esta cookie non inclúe datos persoais e simplemente indica o ID do artigo que acabas de editar. Expira despois de 1 día.

Contido incrustado doutros sitios web

Os artigos deste sitio poden incluír contido incrustado (por exemplo, vídeos, imaxes, artigos, etc.). O contido incrustado doutras web compórtase exactamente da mesma maneira que se o visitante visitase a outra web.

Estas web poden recompilar datos sobre ti, utilizar cookies, incrustar un seguimento adicional de terceiros, e supervisar a túa interacción con ese contido incrustado, incluído o seguimento da súa interacción co contido incrustado se tes unha conta e estás conectado a esa web.

Con quen compartimos os teus datos

Se solicita un restablecemento de contrasinal, a súa dirección IP incluirase no correo electrónico de restablecemento.

Canto tempo conservamos os teus datos

Se deixas un comentario, o comentario e os seus metadatos consérvanse indefinidamente. Isto é para que podamos recoñecer e aprobar comentarios sucesivos automaticamente en lugar de mantelos nunha cola de moderación

Dos usuarios que se rexistran na nosa web (se os hai), tamén almacenamos a información persoal que proporcionan no seu perfil de usuario. Todos os usuarios poden ver, editar ou eliminar a súa información persoal en calquera momento (agás que non poden cambiar o seu nome de usuario). Os administradores da web tamén poden ver e editar esa información.

Que dereitos tes sobre os teus datos

Se tes unha conta ou deixaches comentarios nesta web, podes solicitar recibir un arquivo de exportación dos datos persoais que temos sobre ti, incluíndo calquera dato que nos proporcionaras. Tamén podes solicitar que eliminemos calquera dato persoal que teñamos sobre ti. Isto non inclúe ningún dato que esteamos obrigados a conservar con fins administrativos, legais ou de seguridade.

Onde se envían os teus datos

Os comentarios dos visitantes poida que os revise un servizo de detección automática de spam.

Save settings
Cookies settings